mainimg
Código: AL049
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Igrexa

Cronoloxía

1717

Autor

Domingo de Andrade

Historia

A virxe do Pilar é unha devoción moi vinculada ao fenómeno xacobeo, por canto María se lle tería aparecido ao Apóstolo e aos seus discípulos sobre un piar á beira do río Ebro durante a súa predicación ibérica; é unha advocación tardía na cidade, pois popularizouse en tempos do arcebispo frei Antonio de Monroy (1686-1715).

A igrexa é anterior aos traballos de ordenación do campo da Estrela e dos xardíns que hoxe ocupan esta zona da Alameda. Foi capela até que substituíu a igrexa de Santa Susana como sé parroquial da veciñanza que vivía nesta zona extramuros e ao longo dos camiños que ían a Conxo e a Padrón.

Descrición

Construída no estilo barroco, é obra de Domingo de Andrade, un dos grandes arquitectos galegos. Embeleceu a entrada á cidade e foi concibida cunha sobriedade que fala de clasicismo, de xeito que as súas liñas e expresión contida dan á capela aire de harmonía e fermosura, dese equilibrio que a fai máis próxima ao barroco italiano que ao español -máis aínda dado ás liñas en movemento e á ornamentación desbordante-.

Con planta de cruz latina presenta unha fachada protagonizada polas dúas torres campanario e pola imaxe da Virxe que conserva o sabor orixinal aínda que foi modificada posteriormente. O retablo orixinal, obra de Miguel de Romay, foi trasladado de xeito que hoxe a capela maior está presidida por unha imaxe de Castor Lata, un dos maiores imaxineiros composteláns do século XX.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)