Parroquia
Marantes
Historia
Denomínanse illas ás masas de terra rodeadas de auga que están situadas no mar, mentres que as insuas son pequenas illas situadas nos ríos. As illas aparecen moi frecuentemente nas mostras culturais humanas, co aspecto negativo do illamento ou como algo misterioso. Algunhas illas foron utilizadas como prisións, Al Capone foi recluído en Alcatraz e Napoleón en Elba e Santa Elena, outras foron empregadas como agocho polos piratas, como na Illa do Tesouro de Robert Louis Stevenson, e Daniel Defoe sitúa nunha illa ao náufrago Robinson Crusoe.
As insuas son terreos emerxentes localizados no medio dun curso fluvial. Fórmanse grazas á acción das barreiras naturais presentes na canle do río, que van determinando o seu percorrido e as migracións deste. Non soen consistir en terreos resistentes á erosión do río, senón que adoitan estar formadas por depósitos aluviais ou sedimentos, area ou grava. A causa do constante fluxo da auga adoptan forma estreita e alongada, mais a súa forma pode modificarse despois de fortes precipitacións ou de enchentes.
Están sometidas ás dinámicas de inundación do río que as rodea, polo que presentan unha serie de condicionantes específicos. Normalmente son rapidamente colonizados pola vexetación e serven de refuxio ás aves, mais estas deben adaptarse á intensa dinámica fluvial. Por exemplo, os bosques non son estables e os terreos inúndanse frecuentemente a causa do crecemento e avance da canle do río. Nos casos nos que a súa situación xeográfica atópase afastada, destacan os procesos de subespeciación e endemización dos seres vivos que habitan nela.
As insuas máis grandes do mundo están en Brasil e son a Illa do Bananal, situada no río Araguaia, e o conxunto de illas Marajó, na desembocadura do Amazonas. Unha das insuas máis famosas do mundo é a Illa da Cidade, situada no río Sena, que está considerada a orixe de París e onde está construída a catedral de Notre-Dame. Na nosa contorna, son famosas as ínsuas do río Ulla, do Avia ou do Miño.
Descrición
Espazo de gran valor medioambiental no río Tambre, sendo un lugar de refuxio, descanso e cría para moitos seres vivos, principalmente aves.