
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Marco
Historia
Os marcos son elementos de delimitación de parcelas. Para esta finalidade utilizábanse valados de cachotería, regos de auga ou camiños. Tamén atopamos peches defendidos con loureiros ou bidueiros que servían para o uso doméstico na elaboración de cestos e atumes de emparrados. Un elemento menos visible de linde son as pedras chamadas marcos. A linde é a liña recta que vai dun marco a outro. Os muros das terrazas adoitaban tamén separar terras de labradío de prados.
Descrición
É un marco realizado en pedra de granito que funciona de linde entre as parcelas da Revolta de Abaixo e do Agro das Cerqueiras, estando situado na marxe noroeste do predio, próximo á estrada que comunica o Multiusos Fontes de Sar con Sar.