mainimg
Código: CS051
-
Sociocultural
Localización

Barrio

Belvís-Trisca

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Espazo cultural

Cronoloxía

1984

Historia

Na contorna da Porta do Camiño, unha zona de marcado carácter histórico vinculado ao Camiño de Santiago, tiña a súa personalidade como barrio marcada pola situación na periferia urbana. Era unha zona de agros e hortas, na que as fontes citan a existencia da capela de San Bieitiño, hoxe desaparecida.

A condición de valgada fai que nesta zona estean presentes dous mananciais e un regueiro: os dous mananciais alimentan dende a Idade Media á Fonte das Tripeiras ou do Matadoiro, á Fonte da Porta do Camiño e ao regato do Cancelón de Sar que atravesa o Parque de Belvís.

Entre os séculos XV e XVII instálanse xunto á Fonte das Tripeiras ou do Matadoiro unha serie de píos e pozas para o curtido de peles aproveitando a abundancia de auga natural. Este oficio está hoxe desaparecido, mais en Santiago chegou a ser moi importante, e aínda que ao principio estaba controlado polo gremio dos zapateiros, abocados á Nosa Señora da Encarnación.

A Ilustración e a difusión das ideas hixienistas van cambiar esta situación, xa que as novas ordenanzas municipais obrigarán ao traslado destas instalacións de curtidos a outros puntos máis afastados do núcleo urbano para evitar o cheiro relacionado coas tarefas de tratamento dos coiros.

Neste lugar tamén tiña lugar a matanza de animais para abastecer de carne as tendas e as cociñas dos habitantes de Compostela, polo que en 1696 o concello manda construír un edificio xunto á Fonte das Tripeiras para Matadoiro Municipal. Esta construción estará activa durante moitos anos, até que en 1984 o concello proxecta a demolición do antigo edificio para a construción da Casa da Xuventude.

Descrición

A Casa do Matadoiro é un espazo de intervención e autoxestión cidadá. Ubícase na antiga Casa da Xuventude, un edificio de 1.600 metros cadrados, xa antes matadoiro e curtidoiro, convertido en territorio aberto para desenvolver proxectos creativos ou sociais e que pretende ser xerador de comunidades produtivas que traballen dun xeito colaborativo e multidisciplinar.

O uso do espazo é libre e de balde. A xestión e programación lévase a cabo dun modo asembleario entre quen participe del.

Dende xuño a outubro de 2016 desenvolverase o proxecto experimental de mediación cultural Comúns e Instituíntes: espazos creativos, espazos cidadáns, co obxectivo de atender novas formas de creatividade e organización cidadá:

- Unha experiencia piloto de autoxestión e participación na antiga Casa da Xuventude de Compostela.

- Un encontro para desenvolver novos xeitos de pensar a esfera pública e a cidade contemporánea.

- Unha convocatoria e un obradoiro aberto de produción de cinco proxectos centrados na dinamización de comunidades locais.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)