mainimg
Código: BO040
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Manancial de auga

Historia

Cando non existían redes de abastecemento de auga, a vida discorría arredor dos ríos e mananciais, que condicionaban a posibilidade de establecer asentamentos. No caso de San Domingos de Bonaval, o convento tiña a auga asegurada grazas á mina de auga presente na súa carballeira, que servía para todos os usos habituais na época: utilizábase nas actividades domésticas de limpeza e aseo, abastecía ás cociñas, servía de rega para os cultivos dos frades e de bebida para homes e animais aloxados no edificio.

Descrición

A auga é moi importante no Parque de San Domingos de Bonaval, especialmente neste punto xa que aquí está situado o manancial do que nace a auga que alimenta ás fontes do parque. O aproveitamento e explotación deste manancial faise mediante unha mina de auga.

Consiste nunha escavación na rocha de xisto na que aflora a auga, situada entre os rododendros e cun balo de madeira que enmarca a entrada. A auga desta mina vai directamente cara o lavadoiro, composto dunha pía que desauga cara distintas canalizacións, conservando parte o antigo sistema de rega das hortas dos frades dominicos.

A gran abundancia de auga subterránea presente no parque fai necesaria a súa xestión e canalización. A auga presente no xardín nace deste manancial situado na carballeira, na parte alta dos terreos ocupados polo Parque de San Domingos de Bonaval, e vai sendo conducida a través dun percorrido descendente formado por diversas fontes para salvar o desnivel e chegar ao depósito de auga aloxado baixo o Xardín dos Frades e dende onde ten lugar a rega do parque.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)