mainimg
Código: AL043
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Estatua

Cronoloxía

1885

Autor

Juán Sanmartín Serna

Historia

Casto Méndez Núñez foi un home moi popular, tanto que mesmo se pensou en instalar esta estatua no Obradoiro. Vigués de nacemento, desempeñouse con gran valor na Campaña do Pacífico, nomeadamente na batalla de El Callao. Ao fío destes feitos bélicos atribúeselle o dito: Máis vale honra sen barcos que barcos sen honra.

Descrición

Esta homenaxe ao contraalmirante Casto Méndez Núñez (1824-1869) foi un dos primeiros monumentos en ser instalado na Alameda. É unha peza de bronce, obra do escultor compostelán Juan Sanmartín Serna e foi fundida no obradoiro do Arsenal de Ferrol. Presenta o mariño nunha pose enérxica e dinámica, vestido co seu uniforme, portando o sable da oficialidade e acompañado polo compás que guía as naves.

Nacida da iniciativa do Concello que quería honrar a memoria dun home que encarnaba os valores patrióticos do seu tempo, é froito da subscrición popular. Un axardinamento ornamental acompaña a esta estatua desde o principio así como as inscricións dedicatorias tanto da cidade como doutros colectivos que colaboraron no proxecto. Todo o conxunto foi restaurado hai uns anos.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)