
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
2020
Historia
Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego.
Era fillo dun procurador de tribunais. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Alí foi membro da Federación Universitaria Escolar (FUE), onde coincidiu con Rafael Dieste, Carlos Maside, Ánxel Fole e Luís Seoane. Como intelectual e médico fixo amizade con xente como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Roberto Nóvoa, Miguel de Unamuno, Ramón María del Valle-Inclán ou Gonzalo Torrente Ballester e Ramón Otero Pedrayo, de quen foi médico.
En 1936 afiliouse ao Partido Galeguista, razón pola que ao comezar a Guerra civil española foi internado un tempo no campo de concentración da Lavacolla. Ao acabar a guerra foi depurado, e tivo que dedicarse á medicina privada. Contactou co galeguismo cultural, e en 1950 converteuse en director da Editorial Galaxia xunto a Ramón Piñeiro. Foi elixido membro da Real Academia Galega a proposta de Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco e Leandro Carré Alvarellos. Leu o seu discurso de entrada o 20 de xuño de 1959, co título Análisis eisistencial do home galego enfermo, con resposta do propio Otero Pedrayo. Presidiu a Real Academia Galega entre 1979 e 1997. Traduciu ao galego a Martin Heidegger e máis a James Joyce.
Descrición
O 15 de febreiro de 2020 inaugurouse unha estatua homenaxe a Domingo García-Sabell, durante a IX Asemblea Xeral da Irmandade da Sanidade Galega.