mainimg
Código: AL052
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

1918

Autor

José Mateo Larrauri Marquínez

Historia

A Exposición Rexional foi un proxecto colectivo pensado e deseñado para amosar e proxectar a Galicia moderna, que soñaba un futuro asentado no campo, no mar e na industria, cunha cultura cosmopolita e moi vinculada tanto a Europa como a América.

Estes elementos están simbolicamente representados nesta escultura; a moza -vestida con traxe tradicional- encarna a Galicia e amósanos un mural no que figura a entrada principal ao recinto expositivo. Vese tamén que vai acompañada da maza e da engrenaxe industrial, que aluden á Galicia labrega e industrial; no mural poden identificarse así mesmo o escudo galego e a figura da Niké (a deusa da vitoria grega), que aluden ao éxito do evento.

Descrición

O escultor compostelán José Mateo Larrauri Marquinez é o autor desta escultura que homenaxea un dos fillos máis queridos desta cidade. Pedro Pais (1841-1917), xurista de profesión, foi unha desas persoas que promoven mil e unha iniciativas de progreso, no seu caso a prol da cidade de Santiago, sobre todo. Unha delas foi a Exposición Rexional Galega de 1909; foi presidente da comisión organizadora e mesmo achegou unha suma considerable para cubrir o déficit daquel evento.

O seu esforzo pola cidade foi recoñecido con este grupo escultórico promovido por subscrición popular tras o seu falecemento, pois nunca aceptou homenaxes en vida. Esta peza, que ten un aire sereno e monumental, acolle un retrato do prócer coroando o conxunto; debaixo, unha alegoría da Galicia do progreso que encarnaba o seu espírito e o da Exposición de 1909.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)