mainimg
Código: AL056
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Conxunto escultórico

Cronoloxía

1917

Autor

Isidro de Benito e Francisco Clivillés

Historia

Rosalía de Castro (1837-1885) é unha das fillas e fillos máis senlleiros de Compostela, de aquí o carácter monumental deste obelisco e o sinalado emprazamento. O seu lugar na historia das nosas letras é indubidable e por iso foi tan popular todo o proceso de construción desta obra. Despois aínda se completou con placas e dedicatorias de comunidades galegas no exterior. En 2014 foi colocada unha cita da autora (procedente tamén de Follas novas) sobre as pezas do Pórtico da Gloria.

Rosalía está hoxe soterrada no Panteón de Galegos Ilustres e dá nome a rúas, escolas e bibliotecas en todo o país; tamén ao aeroporto de Santiago.

Descrición

Inaugurada o 30 de xullo de 1917, esta fermosa peza preside o paseo das Letras Galegas da Ferradura. Sufragada por unha subscrición popular na que participaron persoas e colectivos, grandes e pequenos, ricos e menos acomodados, do país e das comunidades de ultramar, de toda ideoloxía e crenza... este grupo escultórico foi o gañador do concurso organizado para honrar á escritora.

Titulado Follas novas, o deseño presentado polo arquitecto Isidro de Benito e o escultor Francisco Clivillés ten un marcado desenvolvemento vertical. É, sen dúbida, unha obra monumental para a que a cidade reservou un lugar senlleiro, con vistas ás terras do Sar que tanto amaba a escritora.

Nela retrátase a propia Rosalía, cunha pose meditativa que nese tempo quería simbolizar o carácter melancólico que se atribuía tanto á autora como á súa obra e mesmo á Galicia rural que acariñaba. Do outro lado, unha parella de mozos encarna outra emoción vinculada tradicionalmente a esta muller, a morriña; os versos que os acompañan reforzan esa idea e a conexión entre as dúas partes do monumento.

Foi restaurada recentemente, de xeito que hoxe podemos vela nunha aparencia bastante semellante á orixinal.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)