mainimg
Código: PG011
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Praza de Galicia

Barrio

Ensanche

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Autor

Fernando Blanco

Historia

Ramón María del Valle Inclán (Vilanova de Arousa 1866-Santiago de Compostela 1936) foi un escritor modernista e mestre do esperpento, sendo autor, entre outras obras, de Luces de Bohemia. Pertencía a xeración do 98 e tiña unha estreita relación coa cidade de Compostela.

Na nosa cidade comezou a carreira de dereito, que abandonou para dedicarse á escritura. Nela tamén pasou os seus últimos anos da súa vida, xa que o 7 de marzo de 1935 chegou a Santiago para instalarse na clínica do doutor Manuel Villar Iglesias. Adoitaba ir xantar ao Asenino, Victoria e Vilas, e frecuentaba os cafés tertulia como o Savoy, Español ou o Derby, preto a onde se atopa este monumento.

A principios do século XX, os cafés convertéranse en lugares de reunión para a elite cultural urbana, onde se debatían temas relevantes. Santiago reunía a numerosos artistas e intelectuais entre os seus habitantes, que se reunían en dous faladoiros que convivían nesas datas: o Derby concentraba a galeguistas e profesionais universitarios como Valle Inclán, Carlos Maside, Rafael Dieste ou Luis Seoane. Por outra banda, os artesáns, empregados, estudantes e artistas reuníanse no Café Español.

Compostela inspirou unha pasaxe da súa obra La lámpara maravillosa, que é lembrada nunha placa situada no Paseo dos Leóns do Parque da Alameda, que foi colocada en marzo de 2014 e que di o seguinte: Rosa mística de piedra, flor románica y tosca, como en el tiempo de las peregrinaciones, conserva una gracia ingenua de viejo latín rimado.

Tras o seu falecemento o 5 de xaneiro de 1936, este escritor ten a súa tumba no Cemiterio de Boisaca, onde tradicionalmente se realiza unha ofrenda floral na súa honra na data do seu pasamento

Descrición

En 2013 atopáronse cinco estatuas de propiedade municipal depositadas desde hai décadas no claustro do Museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval. O Concello de Santiago de Compostela decidiu proceder á súa limpeza e colocación en diversas zonas verdes da cidade.

Unha das estatuas recuperadas, do século XIX, de autoría descoñecida, representa a figura de Concepción Arenal. Estaba na Alameda, de onde foi retirada despois da Guerra Civil. Instalarase no xardín da rúa da Costa Vella, dedicando este espazo á escritora e pioneira do feminismo.

No adro, xunto as escaleiras da Igrexa de Santa Susana, situaranse as esculturas de dous leóns, co escudo da cidade, co obxectivo de simbolizar e indicar á cidadanía o lugar onde se reunía o Concello de Santiago na Idade Media.

A estatua dunha pastora, obra de Fernando Blanco, colocarase xunto ao río Sarela no Parque do Carme de Abaixo, ao carón da Capela do Carme de Abaixo.

Outra das esculturas realizadas por Fernando Blanco é esta que nos ocupa, dedicada á figura de Ramón María del Valle Inclán. Foi colocada na Praza de Galicia, sobre un pedestal coa seguinte inscrición: No vello café Derby pasaba as súas tardes Valle-Inclán no seu derradeiro ano de vida en Compostela.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)