Zona verde
Parque da Dársena
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Conxunto escultórico
Cronoloxía
1993
Autor
Manuel Pailós
Historia
Nace no seo dunha familia de orixe campesiña por parte materna e mariñeiro por parte paterna. Instálase cos seus pais en Uruguay cando é un neno, onde pasa a súa infancia nun barrio de inmigrantes de Montevideo. Inicia estudos de Debuxo xunto ao seu amigo Raúl Pavlotzky na Escola de Artes e Oficios da Ensinanza Industrial e, entre 1938 e 1942, continúan a súa formación artística no Círculo de Belas Artes baixo a tutela de Guillermo Laborde e José Cúneo Perinetti. Coñece nunha exposición a Joaquín Torres García e en 1943 únese ao seu obradoiro, ao que estará vinculado ata a súa clausura en 1967; toma parte en cada unha das case cen exposicións que se realizan e diríxeo durante a súa última etapa. Realiza numerosas exposicións en Montevideo coa galería Bruzzone, e ao longo da súa traxectoria participa en diversas mostras en Arxentina, Colombia, Paraguay, Nova York, Madrid, etc. En 1991 é invitado pola Xunta de Galicia para realizar unha exposición en Santiago de Compostela e este conxunto escultórico situado nos xardíns da Facultade de Económicas. Foi galardoado, entre outros, co gran premio de escultura no Salón Nacional de Montevideo (1968), coa medalla de ouro no Salón de Primavera de Salto (1970) e no Premio Figari do Banco Central de Uruguay (1996), e a súa obra forma parte do acervo de museos uruguaios, arxentinos e españois, así como de destacadas coleccións privadas a nivel internacional.
Descrición
Monumento obra do artista galego, emigrado en Uruguai, Manuel Pailós. Está situada no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela e garda relación coas obras de remodelación da avenida de Xoán XXIII.