mainimg
Código: BS031
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque Fluvial das Brañas de Sar

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Muro de contención

Historia

Os elementos de xestión da auga engloban todos aqueles elementos que servían para aproveitar a auga como recurso enerxético para os muíños e mazos e tamén para o regadío dos prados que fornecían de herba o gando.

No caso dos muros de contención, tiñan como función evitar a corrosión da ribeira provocada pola corrente do río, para combater a perda de terreos agrícolas.

Descrición

En todo o percorrido do río poden atoparse diferentes muros de contención, realizados con cachotería de granito ou anfibolita.

Teñen unhas lonxitudes que van dende os 5 metros do máis pequeno até os 8,80 do máis longo. Actualmente poden observarse 4 muros de contención en diferentes estados de conservación. Un deles, situado a uns 50 metros ao sur da Ponte de Sar, conserva no medio unha saída de auga de sección cuadrangular construída con pedras rectangulares e ben careadas.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)