mainimg
Código: MV009
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Monte do Viso

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

2020

Autor

José Manuel Méndez Rodríguez

Historia

A rica mitoloxía galega está ateigada de multitude de seres míticos variados, coloridos; algúns con poderes sobrenaturais e outros con pequenos poderes para facer pequenas maldades; uns con forma humana e outros encarnados en animais da máis variada pelaxe.

No universo mítico galego atopamos razas míticas como as mouras e mouros, os xigantes, os diaños, os trasgos, as lavandeiras ou as xacias e as lamias. Outros teñen aparencia humana, mais gozan de poderes máxicos como as meigas, o nubeiro ou os lobishomes. Tamén personaxes da historia mítica de Galicia como Breogán ou a Raíña Lupa; e moitos animais reais como o lobo e a cobra e outros completamente imaxinarios como a Coca, o dragón ou o unicornio.

Deste acervo popular, preséntanse a través deste percorrido polas novas sendas que permiten gozar do Monte do Viso, a 11 seres de lenda como mostra do universo mítico galego, un patrimonio de alto nivel. O seres que figuran na Senda Mitolóxica do Monte do Viso son: os Mouros, a Moura, o Nubeiro, o Tardo, a Lamia, o Gatipedro, Breogán, a Coca, os Biosbardos, a Meiga e o Urco.

O autor das 10 figuras míticas que compoñen a Senda Mitolóxica do Monte do Viso é José Manuel Méndez Rodríguez, tanto do deseño como do desenvolvemento a tamaño real. Méndez naceu en Santiago de Compostela o 5 de setembro de 1956. Inicia a súa carreira profesional en 1972 obtendo o primeiro premio de pintura no XVI Certame Nacional de Arte celebrado na Coruña. Ao longo da súa carreira realiza creacións en pintura, escultura, fotografía e teatro.

Descrición

Os biosbardos son difíciles de describir. Din que son paxaros ou mozos de gran beleza, mais a ciencia certa ninguén sabe como son. Si podemos afirmar que son de hábitos nocturnos e que se retiran como moi tarde ao amencer. Tamén que viven nos montes ou camiños afastados e que se consegues facerte con un terás moita sorte toda a vida. Iso si, non llo podes ensinar a ninguén, senón a sorte acábase.

Para cazalos hai que ir de noite a un camiño afastado ou a un monte onde non se escoite canto de galo, nin galiña, nin voces humanas, e levar un saco grande, abrilo e chamalos así: biosbardo ven ao fardo, que a alpabarda por ti agarda.

Sentimos non poder reproducilos, pois descoñecemos como son.

Bibliografía

Senda Mitolóxica do Monte Viso. Concello de Santiago e Tropa Verde SCQ, 2020

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)