mainimg
Código: PI078
-
Parques Infantís
Localización

Zona verde

Bosque de Galicia

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Descrición

Co obxectivo de ofrecer novas posibilidades de ocio familiar, os espazos exteriores da Cidade da Cultura contan con áreas de lecer infantís, listas para o goce. O Parque da Balea, situado ao norte do complexo, conforma un espazo de xogo e descanso que homenaxea a un dos grandes artistas plásticos galegos: o coruñés Urbano Lugrís.

No centro deste parque levántase unha estrutura con forma de balea, inspirada nos monstros mariños de Lugrís, en concreto nun cadro que se atopa na Casa dos Pescadores de Malpica, pintado como tributo aos antigos cazadores de baleas da Costa da Morte. Esta balea érguese no medio dun lugar onde se recrea unha atmosfera fantástica, similar aos mundos imaxinados por Lugrís, con testos xigantes –de máis de dous metros de alto- onde medran bidueiros e outra plantas, un espazo con sombra, auga e vexetación.

A idea do esquelete dunha balea está presente nos escritos de Peter Eisenman cando describe os edificios do Gaiás, citando mesmo a Moby Dick de Herman Melville e o Museo Centro Gaiás lembra a moitos visitantes, pola súa forma, á silueta dunha balea. Existe, por tanto, unha conexión entre estes dous espazos situados moi preto un do outro.

Este parque, deseñado por RVR arquitectos, está conectado co Bosque de Galicia, sendo a porta de acceso para aqueles que suban ao Gaiás percorrendo as sendas. Precisamente no acceso ao Parque da Balea desde o Bosque de Galicia ubícase unha segunda área de lecer infantil, equipada con columpios de formas abstractas, destinada a estimular a creatividade dos cativos.

O Parque da Balea conta tamén cunha ampla zona verde anexa de prado, árbores autóctonas -como pradairo e espiño albar-, camelias e prantas arbustivas e rubidoiras, que o conecta a través dunha senda peonil coa zona de aparcadoiro. Esta nova actuación, que suma ao complexo do Gaiás 22.000 metros cadrados máis de superficies verdes, inclúe solucións imaxinativas e respectuosas co medio ambiente como o emprego de pavimento luminiscente nos sendeiros, que aproveita a luz solar natural para iluminarse tenuemente na escuridade.

Data de instalación

2016

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)