
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Xardín urbano
Cronoloxía
1994
Descrición
Situado no barrio de Guadalupe, constitúe unha prolongación dos parques Pablo Iglesias, Eduardo Blanco Amor e Ponte Mantible. Ten unha superficie duns 9.000 m2. Igual que o Parque Pablo Iglesias, foi inaugurado en 1994. Estes dous parques están separados polo acueduto Ponte Mantible, que forma parte da rede de infraestruturas utilizadas antigamente para fornecer de auga á cidade.
O río Corgo, que xa non está oculto por canalizacións soterradas, como ocorre no Parque Pablo Iglesias, discorre en superficie por unha banda do parque.
Nos xardíns, as áreas de céspede aparecen interrompidas por reducidos grupos de chopos (Populus nigra), árbores do ámbar (Liquidambar styraciflua), magnolios (Magnolia grandiflora) e cerdeiras de flor (Prunus subhirtella Pendula).
Neste parque tamén hai unha gran escultura de Camilo Otero, a Porta de Compostela, que representa a unha home nunha porta, sen entrada nin saída definidas, como símbolo do efémero paso do ser humano pola vida.
Bibliografía
FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010