mainimg
Código: par048
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

Galeras

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Parque fluvial

Cronoloxía

1999

Descrición

Este parque situado no barrio de Galeras, foi inaugurado en 1999 e ocupa unha superficie de máis de 38.000 m2, atravesada polo río Sarela e polo seu afluente o río Corgo. Limita ao oeste coa Finca do Espiño na que hai un palacete modernista, rodeado dun denso xardín con árbores de gran porte.

É unha gran chaira verde, con marcado predominio de céspede e pequenas áreas de arboredo. Os alciprestes dos illós (Taxodium distichum) son bastante máis frecuentes neste parque que noutros na cidade. Pódense ver tanto nas marxes do río como, illados ou en pequenos grupos, nas áreas de céspede.

Desde aquí pódese chegar camiñando a tres grandes espazos verdes periurbanos de Santiago: a Granxa do Xesto, a Selva Negra e o Monte Pedroso, desde cuxa cima se poden contemplar as mellores vistas panorámicas da cidade e a paisaxe dos seus arredores.

Bibliografía

FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)