mainimg
Código: par020
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

San Caetano-Vite

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Xardín urbano

Descrición

É un parque de barrio, máis coñecido pola súa vinculación cos edificio administrativos da Xunta de Galicia.

A súa orixe foron os xardíns de barrio construídos na década dos anos 60 do pasado século. En 1994 foi remodelado, e ocupa na actualidade unha superficie duns 16.000 m2.

Está moi preto dos parques Eduardo Blanco Amor, Ponte Mantible e Pablo Iglesias mais, a diferenza destes, inclúe bosquetes sombríos con árbores de gran tamaño, como é o caso dalgúns bidueiros (Betula pendula) e chopos (Populus nigra).

No seu estremo sur está a Capela de San Caetano, construída no século XVII, dun barroco intermedio entre o rural e o cidadán.

Hai tamén tres esculturas, unha instalada o Día do Xordo en 1993 (que representa dúas mans símbolo da linguaxe dos signos), outra en honra a a José María Acuña López, ilustre escultor galego, xordomudo de nacemento, que impartiu class de modelado e escultura no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago. A escultura máis recente é un barco de pedra, en lembranza ás protestas do sector do cerco no 2015-16, e que incluíu unha acampada na zona onde se localiza esta homenaxe.

A localización das esculturas do Día do Xordo e a de José María Acuña López débese a que, na década dos anos vinte do século pasado, o edificio de San Caetano albergou o Colexio Rexional de Xordomudos e Cegos.

Bibliografía

FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)