mainimg
Código: par053
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Xardín urbano

Cronoloxía

2017

Descrición

O Parque do Lago é o terceiro espazo verde do Gaiás -xunto co Bosque de Galicia e o Xardín Literario- duns 51.163 metros cadrados dedicados ao goce da natureza. Situado na ladeira do Gaiás próxima ao Viso, o Parque do Lago é un proxecto de rexeneración paisaxística dirixido pola arquitecta Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

Esta área verde conta cun lago de 4.783 metros cadrados, rodeado de vexetación xa existente, e unha plataforma de madeira ao borde equipada con bancos, e cun sistema de iluminación con cintas led de baixo consumo. O parque conta tamén cunha carballeira convertida en espazo de lecer con mesas, bancos e elementos deportivos propios dun circuíto de running. Ademais, o visitante pode percorrelo a través dunha rede de camiños que permiten o goce do parque e que facilitan a súa conexión coa Cidade da Cultura e o acceso desde O Viso.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)