
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Xardín urbano
Cronoloxía
1993
Descrición
Situado entre as avenidas de Xoán XXIII e de Castelao, é un parque de barrio, próximo ao Parque Xixón, que ocupa unha superficie duns 30.000 m2 e, igual que a Finca de Lois e o Parque Música en Compostela, está atravesado polo río corgo.
A orixe deste parque está nos xardíns que se construíron na década dos sesenta do século XX, ao mesmo tempo que os edificios que o rodean. En 1993 foi remodelado e déuselle o nome actual, en honra a Fermín Bouza Brey, ilustre historiador galego, etnógrafo e escritor galego.
Os chopos (Populus simonii) que delimitan as marxes do río Corgo, constitúen un dos elementos máis diferenciadores deste parque. Así mesmo, son frecuentes as coníferas, formando pequenos grupos deabetos de Douglas (Pseudotsuga menziesii) ou liñas de paseos de cedros (Cedrus atlantica).
Bibliografía
FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010