
Zona verde
Parque Forestal da Granxa do Xesto
Parroquia
Vista Alegre
Descrición
O parque infantil municipal do Parque Forestal da Granxa do Xesto é un dos moitos aproveitamentos lúdicos e deportivos desta zona verde, que consiste nun área provista dunha serie de elementos de xogo destinados aos nenos. Este uso lúdico combínase coa zona de lecer, xa que está equipada con mobiliario urbano consistente en bancos e papeleiras, creando un área de descanso destinada a que a socialización que se busca para os cativos nos elementos de xogo tamén chega ás persoas adultas que os acompañan. Este espazo estancial creado na zona de xogos, compleméntase coa presenza da cafetería existente nas proximidades.
A combinación dos diferentes elementos de xogo co entorno natural da Granxa do Xesto permite o esparexemento e a diversión dos rapaces e ao mesmo tempo que representa unha oportunidade de observación de elementos paisaxísticos e naturais moi diferentes dos que caracterizan as contornas máis urbanos.
Tres carteis informativos completan o espazo: un con información xeral da zona e dous especificando o uso de cada zona segundo as idades aconselladas, seguindo a normativa vixente de parques infantís. As dúas zonas de xogo están polo tanto claramente diferenciadas para os distintos grupos de idade dos nenos que acoden ao parque: unha aconsellada para usuarios de entre 3 e 6 anos, e outra para aqueles que están entre os 6 e os 12 anos. A zona destinada aos máis pequenos pode ser tamén utilizada por nenos de entre un e tres anos, mais as súas actividades deberán estar sempre supervisadas por un adulto.
Os elementos de xogo que soemos atopar nun parque infantil son bambáns ou randeeiras, tobogáns, balancíns, ramplas para escalada, escaleiras, paneis e outros accesorios nos que desenrolar diferentes aspectos:
- Físicos e psíquicos: psicomotricidade, intelixencia, axilidade, coordinación e reflexos.
- Sociais: autonomía e socialización.
- Sensoriais: fomentan o sentido da vista a través das cores e tamaños, o tacto con superficies ásperas ou lisas, frías ou quentes, duras ou brandas.
No parque infantil da Granxa do Xesto, os compoñentes que forman esta zona de xogo son:
Área para idades aconselladas de 3 a 6 anos:
- Randeeiras.
- Xogos xiratorios, balancíns e de equilibrio.
- Areeiro para os máis pequenos.
Área para idades aconselladas de 6 a 12 anos:
- Torres activas de multixogo, dotadas de ramplas para escalada e trepa, tobogáns, escaleiras e paneis.
- Tirolina.
Nos parques infantís promóvese a integración, coidando a accesibilidade para persoas de mobilidade reducida, tanto dos usuarios coma os seus acompañantes, suprimindo as barreiras para integrar posibilidades de xogo adaptadas para todas as persoas. Os xogos buscan a adecuación dos nenos con deficiencias visuais ou limitacións severas de motricidade para facilitar a súa integración social.
No deseño da área de xogos débese buscar un equilibrio entre a seguridade e a protección por un lado, e a estimulación e o desafío do xogo por outro, para lograr o desenvolvemento do neno. Todos os beneficios que provoca o xogo no neno deben ir ligados inevitablemente ao desenvolvemento dunha actividade sen riscos, polo que os xogos dos menores de 3 anos deberán estarán acompañados por adultos para evitar incidencias. Tamén está prohibido o acceso de animais así como a circulación de vehículos de motor, bicicletas, patinetes e similares, susceptibles de ocasionar danos persoais.
No parque infantil está prohibido o acceso de animais así como a circulación de vehículos de motor, bicicletas, patinetes e similares, susceptibles de ocasionar danos persoais. Todos os beneficios que provoca o xogo no neno deben ir ligados inevitablemente ao desenvolvemento dunha actividade sen riscos. Os xogos dos menores de 3 anos deberán estarán acompañados por adultos para evitar incidencias.
O xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento do individuo e contribúe ao seu desenvolvemento físico, mental, social e emocional. Non faltan documentos que indiquen que xa antigamente se imaxinaron e puxeron en práctica diferentes terreos destinados especificamente para os xogos da poboación infantil. Non obstante, foi modernamente cando as grandes cidades se deron conta da importancia enorme da necesidade de proporcionar á infancia e xuventude terreos de recreo.
O Concello de Santiago de Compostela conta con preto de 100 de áreas de xogos infantís dentro do seu termo municipal. Estes espazos están sometidos regularmente a auditorías, tanto das instalacións coma dos elementos de xogo, para comprobar que cumpran cos requisitos da normativa vixente para garantir a seguridade dos usuarios, e determinar se é necesario acometer actuacións de mellora e remodelación.
Data de instalación
2008