Zona verde
Praza de Galicia
Parroquia
San Fructuoso
Descrición
En 2013, o Concello de Santiago de Compostela decidiu dotar o Ensanche de máis parques infantís que complementasen o existente no Xardín dos Agros de Ramírez, o único co que podían contar os 30.000 habitantes deste barrio, polo que se atopaba bastante saturado. Para iso, os espazos verdes da Praza de Galicia e a Praza de Vigo reformaríanse, con novos axardinamentos, dotándose deste tipo de elementos lúdicos. Con estes elementos de xogo buscaríase aumentar o uso destes espazos, tanto como zona lúdica e de ocio así como de tránsito peonil, o que fixo necesaria unha actuación nas beirarrúas perimetrais das prazas co obxectivo de mellorar a seguridade e accesibilidade ás mesmas.
O parque infantil da Praza de Galicia foi inaugurado en 2014 e conta cuns 240 metros cadrados de superficie, dividido en dúas áreas de xogo claramente demarcadas.
O parque infantil fai honor ao nome da praza, recreando a Galicia dos bosques e a Galicia marítima nas súas dúas zonas, a través do seu chan e dos seus elementos de xogo. Este chan que recobre todo o espazo ocupado polo parque infantil é de seguridade. O conxunto atópase separado da calzada cun muro vexetal de 1,80 metros, co que se crea unha barreira de seguridade fronte ao tráfico, mais tamén auditiva e visual, que separa a área de ocio do tránsito rodado, contribuíndo á mellora da calidade do aire. Ademais permite pechar o parque pola noite para preservar o seu bo uso.
Esta área infantil, ao igual que todas as que se están construíndo na cidade, promóvese a integración, facilitando o seu uso por nenos e nenas de distintas idades e condición física, coidando especialmente a accesibilidade para persoas de mobilidade reducida, tanto dos usuarios coma os seus acompañantes, suprimindo as barreiras para integrar posibilidades de xogo adaptadas para todas as persoas.
Os xogos buscan a adecuación dos nenos con limitacións de motricidade ou deficiencias visuais para facilitar a súa integración social, polo que tamén existe nas proximidades un panel con información sobre o sistema de escritura ideado por Braille, un sistema de escritura táctil pensado para persoas invidentes, para que todo o mundo poda aprender a empregalo.
Carteis informativo completan o espazo, que seguindo a normativa ofrecen información útil sobre as idades aconselladas, a normativa dos parques de xogos e os recursos cos que contar en caso de emerxencia. Aínda que as idades aconselladas para este parque infantil van desde 1 até os 12 anos, diferéncianse dúas zonas de xogo para os distintos grupos de idade dos nenos que acoden ao parque, xa que a zona con cha de cor verde conta con elementos destinados a aqueles entre 1 e 6 anos, e a parte co chan azul dispón de outros para os que teñen entre 6 e 12 anos, o que permite ir aumentando o grao de dificultade dos xogos mentres mantense a seguridade pasiva adaptada ás características de cada individuo concreto.
Esta nova instalación foi moi ben acollida polas familias e os rapaces da zona, tendo en conta que está situado nun punto intermedio entre moitos colexios da cidade e un barrio residencial onde habitan os estudantes de ditos colexios. O parque conta con diferentes elementos entre que destacan dous elementos multixogo: hai unha casiña alta da que arranca un enorme tobogán na zona indicada para os rapaces máis maiores, e outra máis pequena que conta con diferentes escaleiras e un tobogán de menor tamaño pensada para os máis novos. Tamén hai dúas randeeiras, unha en forma de niño e outra de cesto, varios balancíns e outros elementos lúdicos.
Estes elementos de xogo serven para que os seus usuarios poidan desenrolar diferentes aspectos:
- Físicos e psíquicos: psicomotricidade, intelixencia, axilidade, coordinación e reflexos.
- Sociais: autonomía e socialización.
- Sensoriais: fomentan o sentido da vista a través das cores e tamaños, o tacto con superficies ásperas ou lisas, frías ou quentes, duras ou brandas.
No deseño da área de xogos débese buscar un equilibrio entre a seguridade e a protección por un lado, e a estimulación e o desafío do xogo por outro, para lograr o desenvolvemento do neno. Todos os beneficios que provoca o xogo no neno deben ir ligados inevitablemente ao desenvolvemento dunha actividade sen riscos, polo que os xogos dos menores de 3 anos deberán estarán acompañados por adultos para evitar incidencias. Tamén está prohibido o acceso de animais así como a circulación de vehículos de motor, bicicletas, patinetes e similares, susceptibles de ocasionar danos persoais.
O xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento do individuo e contribúe ao seu desenvolvemento físico, mental, social e emocional. Non faltan documentos que indiquen que xa antigamente se imaxinaron e puxeron en práctica diferentes terreos destinados especificamente para os xogos da poboación infantil. Non obstante, foi modernamente cando as grandes cidades se deron conta da importancia enorme da necesidade de proporcionar á infancia e xuventude terreos de recreo.
O Concello de Santiago de Compostela conta con preto de 100 de áreas de xogos infantís dentro do seu termo municipal. Estes espazos están sometidos regularmente a auditorías, tanto das instalacións coma dos elementos de xogo, para comprobar que cumpran cos requisitos da normativa vixente para garantir a seguridade dos usuarios, e determinar se é necesario acometer actuacións de mellora e remodelación.
Data de instalación
2014