
Zona verde
Praza de Marcial Villamor Varela
Parroquia
San Fructuoso
Descrición
Na conformación deste espazo como zona verde realizada a comezos de 2010, tívose en conta a instalación dun parque infantil na zona baixa do parque, cara a rúa do Castrón Douro.
Un parque infantil municipal consiste nunha área provista dunha serie de elementos de xogo destinado ao público infantil. Este uso lúdico combínase co de zona de lecer, xa que a zona tamén está equipada con mobiliario urbano como bancos, bebedeiros e papeleiras, creando un área de descanso destinada a que a socialización que se busca para os cativos nos elementos de xogo tamén chegue ás persoas adultas que os acompañan.
Os carteis informativos completan o espazo, que seguindo a normativa ofrecen información útil sobre as idades aconselladas para o uso dos elementos do parque infantil, que neste caso abarca desde 1 ano de idade até os 12. No cartel tamén se reflexa a normativa pertinente aos parques de xogos, así como os recursos cos que contar en caso de emerxencia.
Os elementos de xogo cos que conta este parque infantil son dous bambáns con forma de animais, tres randeeiras (unha das cales está especificamente deseñada para o uso seguro dos máis novos), un elemento xiratorio e unha torre que conta con diferentes elementos como tobogáns, ramplas para escalada ou escaleiras. Nestes elementos pódense desenrolar diferentes aspectos:
- Físicos e psíquicos: psicomotricidade, intelixencia, axilidade, coordinación e reflexos.
- Sociais: autonomía e socialización.
- Sensoriais: fomentan o sentido da vista a través das cores e tamaños, o tacto con superficies ásperas ou lisas, frías ou quentes, duras ou brandas.
Nos parques infantís promóvese a integración, coidando a accesibilidade para persoas de mobilidade reducida, tanto dos usuarios coma os seus acompañantes, suprimindo as barreiras para integrar posibilidades de xogo adaptadas para todas as persoas. Os xogos buscan a adecuación dos nenos con deficiencias visuais ou limitacións de motricidade para facilitar a súa integración social.
No deseño da área de xogos débese buscar un equilibrio entre a seguridade e a protección por un lado, e a estimulación e o desafío do xogo por outro, para lograr o desenvolvemento do neno. Todos os beneficios que provoca o xogo no neno deben ir ligados inevitablemente ao desenvolvemento dunha actividade sen riscos, polo que os xogos dos menores de 3 anos deberán estarán acompañados por adultos para evitar incidencias. Tamén está prohibido o acceso de animais así como a circulación de vehículos de motor, bicicletas, patinetes e similares, susceptibles de ocasionar danos persoais.
O xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento do individuo e contribúe ao seu desenvolvemento físico, mental, social e emocional. Non faltan documentos que indiquen que xa antigamente se imaxinaron e puxeron en práctica diferentes terreos destinados especificamente para os xogos da poboación infantil. Non obstante, foi modernamente cando as grandes cidades se deron conta da importancia enorme da necesidade de proporcionar á infancia e xuventude terreos de recreo.
O Concello de Santiago de Compostela conta con preto de 100 de áreas de xogos infantís dentro do seu termo municipal. Estes espazos están sometidos regularmente a auditorías, tanto das instalacións coma dos elementos de xogo, para comprobar que cumpran cos requisitos da normativa vixente para garantir a seguridade dos usuarios, e determinar se é necesario acometer actuacións de mellora e remodelación.
Data de instalación
2010