mainimg
Código: BE032
-
Parques Infantís
Localización

Zona verde

Parque de Belvís

Barrio

Belvís-Trisca

Parroquia

San Fructuoso

Información

Descrición

O parque infantil de Belvís consiste nun área delimitada duns 500 m2, provista dunha serie de elementos de xogo destinados aos nenos. Este uso lúdico combínase co de zona de lecer, xa que a zona soe estar equipada con mobiliario urbano, creando un área de descanso destinada a que a socialización que se busca para os cativos nos elementos de xogo tamén chegue ás persoas adultas que os acompañan. Oito bancos corridos con forma rectangular e sen respaldo, realizados en madeira tratada, fan de área de descanso ao mesmo tempo que de separadores das dúas zonas de xogo, organizadas con diferentes elementos didácticos apropiados para diferentes grupos de idade.

Dous carteis informativos completan o espazo, que seguindo a normativa ofrecen información útil sobre as idades aconselladas, a normativa dos parques de xogos e os recursos cos que contar en caso de emerxencia. As dúas zonas de xogo están polo tanto claramente diferenciadas para os distintos grupos de idade dos nenos que acoden ao parque, o que permite ir aumentando o grao de dificultade dos xogos mentres mantense a seguridade pasiva adaptada ás características de cada individuo concreto.

No parque infantil de Belvís existen dúas áreas de xogo, unha aconsellada para usuarios de entre 1 e 6 anos, e outra para aqueles que están entre os 6 e os 12 anos. No deseño da área de xogos débese buscar un equilibrio entre a seguridade e a protección por un lado, e a estimulación e o desafío do xogo por outro, para lograr o desenvolvemento do neno.

Os elementos de xogo que soemos atopar nun parque infantil son bambáns ou randeeiras, tobogáns, balancíns, ramplas para escalada, escaleiras, paneis e outros accesorios nos que desenrolar diferentes aspectos:

- Físicos e psíquicos: psicomotricidade, intelixencia, axilidade, coordinación e reflexos.

- Sociais: autonomía e socialización.

- Sensoriais: fomentan o sentido da vista a través das cores e tamaños, o tacto con superficies ásperas ou lisas, frías ou quentes, duras ou brandas.

No parque infantil de Belvís, os compoñentes que forman esta zona de xogo son:

Área para idades aconselladas de 1 a 6 anos:

- Randeeiras con suxeición.

- Xogos xiratorios, balancíns e de equilibrio.

- Elementos de multixogo con ramplas para escalada e trepa, tobogáns, escaleiras e paneis.

- Areeiro para os máis pequenos.

Área para idades aconselladas de 6 a 12 anos:

- Randeeira de uso conxunto e apto para nenos con discapacidade, do tipo de niño de paxaro.

- Torre activa de multixogo con tobogán, elementos de equilibrio.

- Xogo de trepa.

Nos parques infantís promóvese a integración, coidando a accesibilidade para persoas de mobilidade reducida, tanto dos usuarios coma os seus acompañantes, suprimindo as barreiras para integrar posibilidades de xogo adaptadas para todas as persoas. Os xogos buscan a adecuación dos nenos con deficiencias visuais ou limitacións severas de motricidade para facilitar a súa integración social.

No deseño da área de xogos débese buscar un equilibrio entre a seguridade e a protección por un lado, e a estimulación e o desafío do xogo por outro, para lograr o desenvolvemento do neno. Todos os beneficios que provoca o xogo no neno deben ir ligados inevitablemente ao desenvolvemento dunha actividade sen riscos, polo que os xogos dos menores de 3 anos deberán estarán acompañados por adultos para evitar incidencias. Tamén está prohibido o acceso de animais así como a circulación de vehículos de motor, bicicletas, patinetes e similares, susceptibles de ocasionar danos persoais.

No parque infantil está prohibido o acceso de animais así como a circulación de vehículos de motor, bicicletas, patinetes e similares, susceptibles de ocasionar danos persoais. Todos os beneficios que provoca o xogo no neno deben ir ligados inevitablemente ao desenvolvemento dunha actividade sen riscos. Os xogos dos menores de 3 anos deberán estarán acompañados por adultos para evitar incidencias.

O xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento do individuo e contribúe ao seu desenvolvemento físico, mental, social e emocional. Non faltan documentos que indiquen que xa antigamente se imaxinaron e puxeron en práctica diferentes terreos destinados especificamente para os xogos da poboación infantil. Non obstante, foi modernamente cando as grandes cidades se deron conta da importancia enorme da necesidade de proporcionar á infancia e xuventude terreos de recreo.

O Concello de Santiago de Compostela conta con preto de 100 de áreas de xogos infantís dentro do seu termo municipal. Estes espazos están sometidos regularmente a auditorías, tanto das instalacións coma dos elementos de xogo, para comprobar que cumpran cos requisitos da normativa vixente para garantir a seguridade dos usuarios, e determinar se é necesario acometer actuacións de mellora e remodelación.

Data da última remodelación

2011

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)