mainimg
Código: par041
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

Vista Alegre-San Xoán

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Parque fluvial

Cronoloxía

1991

Descrición

Confórmano os xardíns da contorna do Auditorio de Galicia que foi inaugurado en 1988. Pouco tempo despois, en 1991, estes xardíns pasaron a ter carácter de parque de barrio, co nome de Música en Compostela, pola súa vinculación co Auditorio.

Un dos elementos máis destacados é o río Corgo que discorre por este parque, fornece de auga ao pequeno lago artificial e continúa o seu percorrido até o Parque de Galeras.

Ocupa unha superficie duns 30.000 m2 aproximadamente, na que ademais das amplas áreas de céspede hai fileiras e pequenos grupos de árbores.

O bosque de ribeira, constituído por diversas especies, principalmente salgueiros choróns (Salix x sepulcralis), álamos (Populus alba), bidueiros (Betula pendula) e alciprestes dos illós (Taxodium distichum), xunto cos pequenos grupos de variadas especies da contorna do estanque, constitúen os elementos máis emblemáticos deste parque.

Outro dos compoñentes son a Capela da Nosa Señora da Fonte e a estatua de Eugenio Granell, instalada en 1993, Retrato Póstumo de Asurbanipal.

Bibliografía

FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010

Fotos actuais


Fotos antigas


Mapas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)