
Zona verde
Parque Eugenio Granell
Parroquia
San Fructuoso
Historia
O Parque Novo Milenio serve de continuación da zona verde creada en 2003 coa inauguración do Parque Eugenio Granell e continúa o espazo cara Conxo, en continuación xunto coa canle do río Sar.
A inauguración da senda peonil ao seu paso polo Parque Novo Milenio celebrouse coa colocación de dezasete esculturas realizadas polos alumnos da Escola de Canteiros de Pontevedra. Esta exposición escultórica ao aire libre tivo un gran éxito e repercusión.
Descrición
A zona verde denominada Novo Milenio está situado no barrio da Pontepedriña e serve como conexión entre o Parque Eugenio Granell e as Pontes de Conxo, polo que resulta unha especie de corredor verde para a flora e fauna ligadas ao río Sar, converténdose unha zona de grande interese medioambiental.
Dentro do acondicionamento deste espazo verde situado a carón da rúa do Escultor Camilo Otero, integráronse diferentes ámbitos:
- A vexetación de ribeira nas beiras do río Sar, na que habitualmente os ameneiros (Alnus glutinosa) ocupan un lugar predominante na ripisilva galega, acompañados doutras especies como son os freixos (Fraxinus sp.) e os salgueiros (Salix sp.).
- A continuación da liña de árbores de ribeira atopámonos cunha zona de pradería na que se emprazan algunhas árbores de nova plantación.
- Na zona máis afastada do río hai un xardín ornamental poboado por árbores, arbustos e herbáceas de fermosa floración.
- O Parque Novo Milenio está atravesado pola a Senda Peonil Río Sar.