mainimg
Código: par022
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

San Caetano-Vite

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Xardín urbano

Cronoloxía

1994

Historia

Até o ano 1971, parte do actual espazo verde estaba ocupado polo Curtidoiro da Guadalupe, propiedade da familia Harguindey.

Descrición

O Parque da Uve ou Parque Pablo Iglesias, situado no barrio da Guadalupe, foi inaugurado en 1994 na honra do político nado en Galicia que en 1879 fundou o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e en 1888 a Unión Xeral de Traballadores (UXT).

O 1 de maio de 1998 foi colocada a estatua de Pablo Iglesias, obra de César Lombera.

A súa superficie é duns 23.000 m2, gran parte dos cales son áreas de céspede, deportivas e paseos. O arboredo é escaso e constituído xeralmente por plantacións lineares de tileiros (Tilia cordata), cipreses (Cupressus sempervirens), ligustros (Ligustrum lucidum) ou magnolios (Magnolia grandiflora).

Bibliografía

FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)