
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Cronoloxía
Séculos XVIII-XX
Historia
Esta zona comezou a ter un aspecto semellante ao actual contra 1835, cando se creou a primeira zona de paseo separada do camiño; máis tarde instalaríase un peche perimetral e unha entrada artística -presidida polos leóns que hoxe abren a Ferradura-.
A distribución do gran salón urbano en tres zonas responde, segundo autores como R. Otero Pedrayo, á conveniencia de reflectir o esquema da propia sociedade: no centro estaban os señoritos, na esquerda a xente maior, cregos e catedráticos e no da dereita o pobo.
Descrición
A orixe remota deste paseo está no embelecemento que se fixo da entrada á cidade por esta zona no século XVIII; daquela foron plantadas árbores co obxectivo de crear unha zona de paseo. O concepto e a zona evolucionaron, foron separándose do camiño e do tráfico, abrindo espazos de xardín ou ordenando as distintas zonas. Dentro destes procesos naceu o paseo Central, que se inspira en espazos similares existentes nas capitais europeas.
Os paseos son separados entre si por ringleiras de árbores monumentais, neste caso tileiros prateados (Tilia tomentosa), camelias (Camellia japonica) e fermosos bancos con respaldo da antiga fundición de Sargadelos. Esta separación xurdiu en 1879, pois antes a zona funcionaba como un único salón.