
Zona verde
Parque Eugenio Granell
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Skate
Descrición
A práctica de diversas actividades deportivas e culturais bríndaselle á poboación de Santiago de Compostela como unha alternativa socializadora e de lecer, para que é necesario contar con lugares apropiados nos que desenvolvelas. As actividades deportivas fomentan unha actitude saudable e unha maior calidade de vida, polo que as instalacións deportivas son unha importante contribución a promover o deporte e difundir os seus valores.
Para promover a práctica do deporte existe un plan municipal que conta cunha gran cantidade de instalacións deportivas, situadas nas zonas verdes dos diferentes barrios e parroquias do Concello, tendo en conta a súa área de influencia ou zona demográfica á que dan servizo; é dicir, aquela na que residen os usuarios potenciais das instalacións.
Mediante esta iniciativa ponse a disposición dos veciños de Compostela unhas instalacións apropiadas para a práctica deportiva que contan con tarefas de mantemento integradas, o que non exime que os propios cidadáns, que son os beneficiarios directos das vantaxes polo uso das mesas, deban facer un bo uso delas e preocuparse por mantelas en bo estado.
Para satisfacer a demanda de instalacións para o desenrolo doutros deportes alternativos para os adolescentes que diversifiquen os usos das zonas de ocio inclúese a construción de skate parks para a práctica de especialidades de xogos sobre rodas. Este mobiliario urbano específico permite combinar a práctica destes deportes coa contorna natural das zonas verdes nas que se sitúan.
O crecente interese nas actividades deportivas ao aire libre, con especial consideración aos ocio e o entretemento, motivan polo tanto o establecemento destas instalacións para uso público nos parques e xardíns da cidade de Santiago de Compostela. A súa localización nestas zonas verdes saca proveito da contorna vexetal para o acondicionamento físico ao aire libre, combinando a práctica deportiva co lecer nunha contorna saudable.
Estas pistas serven para a práctica deportiva con fins competitivos ou recreativos, sendo especificamente deseñadas para a súa instalación ao aire libre nos parques e xardíns, polo que buscan a resistencia ante as posibles agresións atmosféricas e malos usos, polo que elíxense de materiais de primeira calidade (aceiro, formigón, resinas...) para asegurar a súa longa vida cun mantemento mínimo, e as cores rechamantes co obxectivo de chamar a atención dos cidadáns e estimular as ganas de participar nunha partida desta especialidade deportiva.
En Santiago de Compostela, as pistas de skate están situadas ao aire libre, dentro dos ámbitos das zonas verdes urbanas. Son de uso libre e gratuíto para todos os usuarios, e axudan a diversificar a oferta lúdica das zonas verdes e contribúen a lograr maior inclusión social dos cidadáns.
O skateboarding é un deporte inventado en 1963 en Malibú (California) por Mickey Muñóz e Phil Edwards, que buscando poder practicar o surf na terra quitaron as rodas a uns patíns, puxéronllas a unha táboa de madeira e chamárono Surf Roll.
Este deporte consiste en deslizarse sobre unha táboa con rodas e á súa vez poder realizar diversidade de trucos, gran parte deles elevando a táboa do chan e facendo figuras e piruetas con ela no aire. Practícase cun skateboard, skate ou monopatín, táboa de madeira plana e dobrada polos extremos e que ten dous eixos (trucks) e catro rodas, situando dúas en cada eixo. Para usalo débese montar de pé enriba del, preferentemente nunha superficie plana, en calquera lugar onde se poida rodar, xa sexa na rúa ou nos skateparks. Tamén pódese usar a pista de skate con patíns, patinetes ou mesmo con bicicletas.
O skateboarding está relacionado co surf, a cultura de rúa e a arte urbana, mais moitos skaters apenas patinan en rúas ou prazas, senón que só patinan en ramplas ou pistas de skate. Por iso, en moitas competicións diferéncianse as categorías de street (estilo de rúa) e vert (rampla).
A estrutura máis común nas pistas de skate é a coñecida como uve, medio tubo ou half-pipe, caracterizada por un perfil en forma de U para a imitación e reprodución de espazos naturais idóneos para as rodadas e as acrobacias. As paredes verticais da U compleméntanse con beirarrúas que permiten facer pausas na rodada, e na unión entre a parede e a beirarrúa hai un remate metálico para dar máis resistencia e que ademais permite deslizarse sobre ela.
Pistas
2
Deportes
Skate