mainimg
Código: DE035
-
Deportivo
Localización

Parroquia

Aríns

Información

Tipoloxía

Pista deportiva

Descrición

A práctica de diversas actividades deportivas e culturais bríndaselle á poboación de Santiago de Compostela, e especialmente á xuventude, como unha alternativa socializadora e de lecer, para que é necesario contar con lugares apropiados nos que desenvolvelas. As actividades deportivas fomentan unha actitude saudable e unha maior calidade de vida, polo que as instalacións deportivas son unha importante contribución a promover o deporte e difundir os seus valores.

Para promover a práctica do deporte existe unha gran cantidade de pistas deportivas ao aire libre situadas nas zonas verdes dos diferentes barrios e parroquias, tendo en conta a súa área de influencia ou zona demográfica á que dan servizo; é dicir, aquela na que residen os usuarios potenciais das instalacións.

Os criterios de localización e características dos terreos onde se sitúan as pistas deportivas soen estar relacionados cos seguintes factores:

- Situación interior ou próxima ás zonas verdes públicas.

- Proximidade a centros docentes para lograr que a instalación sexa aberta ao deporte para todos, tanto de competición como escolar, buscando o máximo aproveitamento.

- Doado acceso tanto a pé como por estrada, evitando riscos potenciais co tráfico, e próximo ao transporte público.

- Boas condicións de salubridade, buscando zonas fora do alcance de fumes ou cheiros industriais, polución atmosférica e grandes vías de circulación. Evitaranse tamén os focos molestos produtores de ruído, lixo, gases, cheiros e vibracións.

- Procurar a orientación do eixo lonxitudinal da pista de norte a sur, para que os raios solares non ceguen, e a protección fronte aos ventos dominantes evitando os terreos excesivamente batidos.

- Terreos nivelados, que precisen dun mínimo movemento de terras para equilibrar as superficies horizontais.

- Permeabilidade suficiente das capas superiores do terreo, evitando superficies que se encharquen facilmente ou espazos onde converxan terreos en pendente como as valgadas.

Mediante esta iniciativa ponse a disposición dos veciños de Compostela unhas instalacións apropiadas para a práctica deportiva que contan con tarefas de mantemento integradas, o que non exime que os propios cidadáns, que son os beneficiarios directos das vantaxes polo uso das mesas, deban facer un bo uso delas e preocuparse por mantelas en bo estado.

Unha pista deportiva é unha instalación ao aire libre apta para a práctica de diferentes deportes como baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol, tenis, pádel, patinaxe, hóckey… así como a educación física escolar e todos aqueles deportes que poidan incorporarse se se consideran aptos para realizarse nestas pistas. A práctica deses deportes será tanto como deporte federativo de competición, de deporte recreativo para todos ou deporte escolar.

O que xenericamente chamamos pistas deportivas, que permiten a práctica dalgún ou varios deportes clasifícanse especificamente como pista deportiva e pista polideportiva. As pistas deportivas están previstas para a práctica un só tipo de deporte, ben pola súa especificidade ou por necesidade deportiva. Están destinadas a ser utilizadas para o deporte escolar, o deporte recreativo e para o adestramento e competición do deporte federativo nos seus distintos niveis. En Santiago de Compostela contamos con pistas deportivas creadas especificamente para baloncesto, tenis, fútbol sala ou volei praia.

As pistas polideportivas son as clases de pistas útiles para o máximo número posible das especialidades deportivas compatibles, a fin de acadar unha rendibilidade de uso maior. Están destinadas a ser utilizadas para a educación física, o deporte escolar, o deporte recreativo e o adestramento do deporte federativo de competición.

Os espazos útiles ao deporte e os espazos auxiliares das pistas haberán de reunir unha serie de características e calidades para alcanzar un grao de funcionalidade deportiva adecuado, tendo en conta criterios de índole funcional, ambiental, construtivo, de seguridade, de mantemento, de xestión e económico:

- A pista deportiva coidará a integración na contorna, de forma que os movementos de terras necesarios non supoñan un impacto negativo, do mesmo xeito que as cores e texturas empregadas.

- Os elementos construtivos e as instalacións serán duradeiros e o seu custo de conservación e mantemento será mínimo.

- Estará resolta a accesibilidade de persoas con discapacidade dende o exterior, no acceso e nos percorridos dentro da pista, sen barreiras arquitectónicas nin grandes diferenzas de cota, para obter un nivel adaptado de accesibilidade.

Pistas

1

Deportes

Futsal + Baloncesto

Data da última remodelación

2015

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)