
Zona verde
Campus Universitario Sur
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Pista deportiva
Descrición
A práctica de diversas actividades deportivas e culturais bríndaselle á poboación de Santiago de Compostela como unha alternativa socializadora e de lecer, para que é necesario contar con lugares apropiados nos que desenvolvelas. As actividades deportivas fomentan unha actitude saudable e unha maior calidade de vida, polo que as instalacións deportivas son unha importante contribución a promover o deporte e difundir os seus valores.
O Servizo de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición da comunidade universitaria e do resto da poboación, as seguintes instalacións deportivas: un campo de fútbol, un campo de hockey-heba, un complexo deportivo, un pavillón polideportivo, unha piscina cuberta, catro pistas de tenis e pistas deportivas ao aire libre de fútbol sala e baloncesto.
Pistas
1
Deportes
Futsal