Código: DE122
-
Deportivo
Localización

Zona verde

Parque Luis Pasín

Barrio

Conxo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Pista deportiva

Descrición

A práctica de diversas actividades deportivas e culturais bríndaselle á poboación de Santiago de Compostela, e especialmente á xuventude, como unha alternativa socializadora e de lecer, para que é necesario contar con lugares apropiados nos que desenvolvelas. As actividades deportivas fomentan unha actitude saudable e unha maior calidade de vida, polo que as instalacións deportivas son unha importante contribución a promover o deporte e difundir os seus valores.

Para promover a práctica do deporte existe unha gran cantidade de pistas deportivas ao aire libre situadas nas zonas verdes dos diferentes barrios e parroquias, tendo en conta a súa área de influencia ou zona demográfica á que dan servizo; é dicir, aquela na que residen os usuarios potenciais das instalacións.

Os criterios de localización e características dos terreos onde se sitúan as pistas deportivas soen estar relacionados cos seguintes factores:

- Situación interior ou próxima ás zonas verdes públicas.

- Proximidade a centros docentes para lograr que a instalación sexa aberta ao deporte para todos, tanto de competición como escolar, buscando o máximo aproveitamento.

- Doado acceso tanto a pé como por estrada, evitando riscos potenciais co tráfico, e próximo ao transporte público.

- Boas condicións de salubridade, buscando zonas fora do alcance de fumes ou cheiros industriais, polución atmosférica e grandes vías de circulación. Evitaranse tamén os focos molestos produtores de ruído, lixo, gases, cheiros e vibracións.

- Procurar a orientación do eixo lonxitudinal da pista de norte a sur, para que os raios solares non ceguen, e a protección fronte aos ventos dominantes evitando os terreos excesivamente batidos.

- Terreos nivelados, que precisen dun mínimo movemento de terras para equilibrar as superficies horizontais.

- Permeabilidade suficiente das capas superiores do terreo, evitando superficies que se encharquen facilmente ou espazos onde converxan terreos en pendente como as valgadas.

A pista deportiva do Parque Luis Pasín compre con estas premisas posto que está situada no interior dunha zona verde próxima a catro centros educativos, nun lugar de doado acceso e evitando o tráfico. Tanto a súa orientación, como a nivelación do terreo, así como a permeabilidade do mesmo, tamén cumpren estas condicións, polo que con esta pista deportiva ponse a disposición dos veciños de Compostela unhas instalacións apropiadas para a práctica deportiva que contan con tarefas de mantemento integradas, o que non exime que os propios cidadáns, que son os beneficiarios directos das vantaxes polo uso das mesas, deban facer un bo uso delas e preocuparse por mantelas en bo estado.

Esta pista deportiva é unha instalación ao aire libre adecuada para a práctica de fútbol sala e de baloncesto, xa que conta con dúas porterías e pintura branca no eixo lonxitudinal, indicadas para xogar ao fútbol sala, mentres que no eixo transversal aparece con pintura amarela a pista de baloncesto, dotada de dúas canastras. Esta é, polo tanto, unha pista polideportiva, xa que está prevista para a práctica de varios tipos de deporte, a fin de acadar unha rendibilidade de uso maior. Están destinadas a ser utilizadas para a educación física, o deporte escolar, o deporte recreativo e o adestramento do deporte federativo de competición.

Os espazos útiles ao deporte e os espazos auxiliares das pistas haberán de reunir unha serie de características e calidades para alcanzar un grao de funcionalidade deportiva adecuado, tendo en conta criterios de índole funcional, ambiental, construtivo, de seguridade, de mantemento, de xestión e económico:

- A pista deportiva coidará a integración na contorna, de forma que os movementos de terras necesarios non supoñan un impacto negativo, do mesmo xeito que as cores e texturas empregadas.

- Os elementos construtivos e as instalacións serán duradeiros e o seu custo de conservación e mantemento será mínimo.

- Estará resolta a accesibilidade de persoas con discapacidade dende o exterior, no acceso e nos percorridos dentro da pista, sen barreiras arquitectónicas nin grandes diferenzas de cota, para obter un nivel adaptado de accesibilidade.

Pistas

1

Deportes

Voleibol

Data de construcción

2023

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)