mainimg
Código: DE119
-
Deportivo
Localización

Zona verde

Bosque de Galicia

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

BMX

Descrición

O Gaiás conta entre os seus espazos dedicados ao ocio e ao deporte ao aire libre cunha pista deportiva para a práctica do ciclismo BMX. Trátase dun circuíto de 400 metros de lonxitude cun grao de dificultade medio, de xeito que pode resultar atractivo a usuarios e usuarias con distintos niveis de destreza.

A pista está situada na ladeira sur do monte Gaiás, sobre un outeiro artificial. Non se trata dunha pista de carreiras oficial, xa que nin a lonxitude nin o ancho están adaptados á normativa para considerarse como tal, pero si se tiveron en conta para a súa construción as consideracións de seguridade recollidas na Guía de pistas BMX da Unión Ciclista Internacional.

O circuíto conta con treitos rectos, curvas, elevacións e superficie rugosa para evitar esvaróns.

A idade mínima para o uso da pista sitúase nos 14 anos. No caso de que sexa utilizada por persoas de menor idade, estas deben facelo baixo a supervisión dunha persoa responsable.

Deportes

BMX

Data de construcción

2022

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)