mainimg
Código: DA001
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque de San Lázaro

Barrio

San Lázaro

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

A celebración do Día Internacional dos Bosques, Día Forestal Mundial ou simplemente Día da Árbore, foi inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. O día elixido foi o 21 de marzo que coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Boreal e coa do outono no Hemisferio Austral.

Hai moitas razóns polas que as árbores son importantes na nosa contorna e no planeta, entre as que destacan:

- Liberan vapor de auga que refresca o aire e humedéceo.

- Reteñen as partículas de po que flotan no aire.

- Fixan o CO2 atmosférico e transfórmano en osíxeno.

- Protexen o chan evitando o seu desgaste e erosión.

- Funcionan como pequenos ecosistemas onde viven animais e insectos que interactúan entre si.

- Reteñen a auga da choiva permitindo que se filtre aos acuíferos, evitando tanto secas como inundacións.

- En grandes masas funcionan como amortecedores de ruído.

En Santiago de Compostela este día conmemórase con diferentes actividades relacionadas coas árbores e os bosques. Vense celebrando tradicionalmente coa plantación de árbores en diferentes espazos verdes da cidade coa colaboración dos veciños e dos escolares dos diferentes centros educativos da cidade, ademais da realización doutras iniciativas como roteiros, animación ou obradoiros.

Descrición

Máis de 600 alumnos dos colexios de Fontiñas e Monte dos Postes foron os encargados de plantar máis de 150 unidades de ameneiros, acivros, sobreiras e bidueiros no Parque de San Lázaro. O acto celebrouse o 28 de marzo. Os participantes recibiron unha camiseta conmemorativa.

Ademais deste acto central en San Lázaro, houbo outras plantacións de árbores en diversos parques da cidade, cos rapaces tamén coma protagonistas. O Departamento de Parques e Xardíns atendeu así mesmo a petición de árbores para plantar dos centros escolares, e repartiu carteis e diversa información sobre esta celebración medioambiental.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)