mainimg
Código: DA004
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque das Cancelas

Barrio

As Cancelas-Mallou

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

A celebración do Día Internacional dos Bosques, Día Forestal Mundial ou simplemente Día da Árbore, foi inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. O día elixido foi o 21 de marzo que coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Boreal e coa do outono no Hemisferio Austral.

Hai moitas razóns polas que as árbores son importantes na nosa contorna e no planeta, entre as que destacan:

- Liberan vapor de auga que refresca o aire e humedéceo.

- Reteñen as partículas de po que flotan no aire.

- Fixan o CO2 atmosférico e transfórmano en osíxeno.

- Protexen o chan evitando o seu desgaste e erosión.

- Funcionan como pequenos ecosistemas onde viven animais e insectos que interactúan entre si.

- Reteñen a auga da choiva permitindo que se filtre aos acuíferos, evitando tanto secas como inundacións.

- En grandes masas funcionan como amortecedores de ruído.

En Santiago de Compostela este día conmemórase con diferentes actividades relacionadas coas árbores e os bosques. Vense celebrando tradicionalmente coa plantación de árbores en diferentes espazos verdes da cidade coa colaboración dos veciños e dos escolares dos diferentes centros educativos da cidade, ademais da realización doutras iniciativas como roteiros, animación ou obradoiros.

Descrición

Plantáronse máis de 200 árbores efectuada polo alumnado do CEIP Monte dos Postes no Parque das Cancelas. Os 200 exemplares de distintas especies de árbores forman pequenos bosquetes nas pezas delimitadas por camiños: bidueiros, freixos, faias, carballos, acivros e capudres.

No acto participaron tamén outros membros da corporación municipal e representantes e traballadores das empresas concesionarias, coorganizadoras do evento, así como o presidente e outros membros da directiva da Asociación Veciñal das Cancelas e veciños e veciñas, algúns familiares dos escolares.

Todos os participantes recibiron unha camiseta conmemorativa, gorras, ademais de trípticos, marcapáxinas alusivos, vasos e por suposto o bocata. Co obxectivo de que estes Días Mundiais se celebren en todos os Centros educativos de Santiago a concellaría facilitou tamén materiais (carteis, trípticos,..) a todos os centros así como exemplares de árbores para a súa plantación entre aqueles que así o solicitasen.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)