mainimg
Código: LP024
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque Luís Pasín

Barrio

Conxo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

A celebración do Día Internacional dos Bosques, Día Forestal Mundial ou simplemente Día da Árbore, foi inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. O día elixido foi o 21 de marzo que coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Boreal e coa do outono no Hemisferio Austral.

Hai moitas razóns polas que as árbores son importantes na nosa contorna e no planeta, entre as que destacan:

- Liberan vapor de auga que refresca o aire e humedéceo.

- Reteñen as partículas de po que flotan no aire.

- Fixan o CO2 atmosférico e transfórmano en osíxeno.

- Protexen o chan evitando o seu desgaste e erosión.

- Funcionan como pequenos ecosistemas onde viven animais e insectos que interactúan entre si.

- Reteñen a auga da choiva permitindo que se filtre aos acuíferos, evitando tanto secas como inundacións.

- En grandes masas funcionan como amortecedores de ruído.

En Santiago de Compostela este día conmemórase con diferentes actividades relacionadas coas árbores e os bosques. Vense celebrando tradicionalmente coa plantación de árbores en diferentes espazos verdes da cidade coa colaboración dos veciños e dos escolares dos diferentes centros educativos da cidade, ademais da realización doutras iniciativas como roteiros, animación ou obradoiros.

O ano 2010 coincidiu tamén co Ano Internacional da Biodiversidade, organizado pola ONU para espertar a conciencia sobre o papel vital que xoga a biodiversidade no mantemento da vida sobre a Terra, dos ecosistemas e da súa importancia para o benestar humano e a redución da pobreza.

Descrición

Para conmemorar o Día Forestal ou da Árbore (21 de marzo), que todos os anos celebra o Concello de Santiago de Compostela, organízase unha plantación de árbores nos espazos verdes da cidade, á que se convidan a escolares, familias do alumnado, veciñanza residente na contorna e, en xeral, á cidadanía que desexe participar.

Nesta ocasión, invitouse a participar neste evento ao alumnado e profesorado dos colexios CEIP Cardeal Quiroga Palacios e do CPR Divino Maestro, situados nas proximidades do parque Luis Pasín. Foron axudados polas autoridades municipais, que tamén se sumaron a este acto, así como polo persoal do servizo de mantemento de parques e xardíns, que se encargaron do subministro do arboredo, substratos, titores, ferramentas, así como a realización previa do burato de plantación.

Os máis de trescentos participantes foron instruídos polos monitores medioambientais sobre a importancia do arborado urbano e outros aspectos relacionados coa sensibilización ambiental. Tras os traballos de plantación das árbores, todos os participantes recibiron regalos conmemorativos do Día da Árbore e compartiron unha pequena merenda.

As árbores seleccionadas para a plantación foron elixidas entre as diferentes especies autóctonas tendo en conta as necesidades e características concretas desta zona do Parque Luis Pasín, polo que finalmente plantáronse 195 arbustos e 120 árbores das seguintes especies: acivros, bidueiras, carballos, érbedos, liquidámbares, loureiros, piñeiros mansos, pradairos prateados, pradairos vermellos e sobreiras.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)