mainimg
Código: DA005
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque do Romaño

Barrio

Vista Alegre-San Xoán

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

A celebración do Día Internacional dos Bosques, Día Forestal Mundial ou simplemente Día da Árbore, foi inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. O día elixido foi o 21 de marzo que coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Boreal e coa do outono no Hemisferio Austral.

Hai moitas razóns polas que as árbores son importantes na nosa contorna e no planeta, entre as que destacan:

- Liberan vapor de auga que refresca o aire e humedéceo.

- Reteñen as partículas de po que flotan no aire.

- Fixan o CO2 atmosférico e transfórmano en osíxeno.

- Protexen o chan evitando o seu desgaste e erosión.

- Funcionan como pequenos ecosistemas onde viven animais e insectos que interactúan entre si.

- Reteñen a auga da choiva permitindo que se filtre aos acuíferos, evitando tanto secas como inundacións.

- En grandes masas funcionan como amortecedores de ruído.

En Santiago de Compostela este día conmemórase con diferentes actividades relacionadas coas árbores e os bosques. Vense celebrando tradicionalmente coa plantación de árbores en diferentes espazos verdes da cidade coa colaboración dos veciños e dos escolares dos diferentes centros educativos da cidade, ademais da realización doutras iniciativas como roteiros, animación ou obradoiros.

Descrición

Uns 170 nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP de Vite plantaron 300 exemplares de árbores e arbustos na zona do Avío, en Vista Alegre. Os rapaces que participaron na plantación recibiron cadansúa camiseta, na que se reproduce o debuxo da mascota gañadora do concurso convocado nesta edición tamén no CEIP de Vite.

Ademais dos 300 exemplares desta plantación, o Departamento de Parques e Xardíns facilitou árbores aos colexios, para que todos puideran celebrar este Día Mundial da Árbore.

Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)