mainimg
Código: DA007
-
Espazos Singulares
Localización

Barrio

Castiñeiriño

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

A celebración do Día Internacional dos Bosques, Día Forestal Mundial ou simplemente Día da Árbore, foi inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. O día elixido foi o 21 de marzo que coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Boreal e coa do outono no Hemisferio Austral.

Hai moitas razóns polas que as árbores son importantes na nosa contorna e no planeta, entre as que destacan:

- Liberan vapor de auga que refresca o aire e humedéceo.

- Reteñen as partículas de po que flotan no aire.

- Fixan o CO2 atmosférico e transfórmano en osíxeno.

- Protexen o chan evitando o seu desgaste e erosión.

- Funcionan como pequenos ecosistemas onde viven animais e insectos que interactúan entre si.

- Reteñen a auga da choiva permitindo que se filtre aos acuíferos, evitando tanto secas como inundacións.

- En grandes masas funcionan como amortecedores de ruído.

En Santiago de Compostela este día conmemórase con diferentes actividades relacionadas coas árbores e os bosques. Vense celebrando tradicionalmente coa plantación de árbores en diferentes espazos verdes da cidade coa colaboración dos veciños e dos escolares dos diferentes centros educativos da cidade, ademais da realización doutras iniciativas como roteiros, animación ou obradoiros.

Descrición

Realizouse a plantación nunha parcela de titularidade municipal en Lamas de Abade, ao carón da escola infantil Raiola. Trátase da finca na que o Concello retirara eucaliptos que supoñían un risco en caso de incendio. Esa especie foránea foi substituída por 254 unidades de árbores frondosas e froiteiras, como bidueiros, freixos, xinkgos, acivros, loureiros, cerquiños, carballos, capudres, abeleiras, maceiras, cerdeiras e pereiras. Participaron na actividade o alumnado dos centros de ensino próximos, o CEIP e o IES de Lamas de Abade.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)