mainimg
Código: AL053
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Pombal

Cronoloxía

1980

Historia

Os pombais son un elemento moi característico da arquitectura pacega pois estas grandes estruturas -circulares e construídas en pedra- eran sinal distintivo dunha casa acomodada que podía criar aves de carnes delicadas que se consumían sen chegar a idade adulta, como é o caso dos pombos. Xunto coa división dos espazos (xardín, bosque) e a existencia de múltiples especies exóticas de árbores e plantas, a súa presenza é un dos elementos que contribúen a alcumar esta Alameda como unha sorte de xardín pacego para o goce dunha cidade.

Neste caso ademais teñen unha especial significación por canto no que hoxe é a Alameda -máis ben na zona dos paseos- estaba antigamente o pombal coñecido como da Porta Faxeira, que daría nome á actual rúa do Pombal.

Descrición

Dous monumentais pombais de madeira gardan hoxe a lembranza das paxareiras que noutro tempo espertaban a admiración de grandes e pequenos. Era unha estrutura voluminosa con árbores dentro que acollían as aves e que creaba para elas unha ilusión de liberdade; hoxe quedan só os pombais -aínda que estas pezas que vemos son do último arranxo- pensados para atraer ás aves e axudalas a aniñar aquí para evitar danos e molestias na Cidade Monumental.

Aínda que teñen certo aire exótico -que lles vén do uso do madeira e da súa localización preto de grandes árbores como o eucalipto- estes pombais presentan os elementos característicos destas construcións tradicionais: as aberturas para dar acceso ás aves, os peitorís nos que pousan ao chegar ou se preparan para voar e xa dentro os niños.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)