mainimg
Código: PR120
-
Patrimonio
Localización

Parroquia

Sabugueira

Información

Tipoloxía

Pombal

Historia

A palabra pombal provén do latín palumbalem, derivado á súa vez de palumbam (pomba). É unha construción rural destinada á cría de pombas. Soe aparecer nas leiras pertencentes aos pazos, casas reitorais ou casas grandes, xa que por mor do seu custo e escaseza de rendibilidade non adoitaba aparecer nas vivendas rurais da clase traballadora.

Os materiais cos que está construído varían segundo os países e rexións, pois cambian segundo o que se dispón en cada zona. O mesmo sucede coa súa estrutura, que pode presentar moitas variantes. Pódese dicir que non hai dous iguais, xa que uns son circulares, outros cadrados e outros alternan caprichosas formas.

En xeral son pequenas construcións, na meirande parte dos casos cun corpo cilíndrico que presenta un radio de preto de dous metros e unha altura semellante ao seu diámetro. Este corpo ten unha cuberta cónica ou formada por unha estrutura plana inclinada a unha ou varias augas. Pode estar cuberto de tella curva do país ou lascas de lousa, segundo os materiais máis abundantes no territorio.

Adoita estar construído con pedra, en perpiaño ou cachotaría, coa pedra á vista ou careada. Conta con múltiples aberturas no alto do seu muro que serven como entradas para as pombas, que poden ser cadradas ou arredondadas. Os paxaros tamén contan cunha cornixa para que podan pousarse ou alzar o voo dende ela, e que forma un saínte na parte inferior do tellado a xeito de tornarratos.

Para facilitar o acceso das persoas, a estrutura conta cunha porta que dá paso ao interior do edificio, onde se dispoñen os niños no paramento do muro de pedra, xa que as pombas empregan o pombal para aniñar.

Alí é onde poñen os ovos dos que nacen os pichóns, que logo son recollidos polo propietario do pombal para o seu consumo ou venda a terceiros. Cada ano é necesario deixar algún pichón para seguir coa cría de pombas, xa que a esta vive uns oito anos, mais só cría os catro primeiros. Por iso faise necesario cada ano deixar uns cantos para rexuvenecer a poboación do pombal.

As pombas saen en bandadas pola mañá a alimentarse e regresan cedo pola tarde ao pombal. En determinadas épocas do ano é necesario suplementar a súa alimentación para que así non abandonen o pombal.

Os pombais e a cría de pombas teñen principalmente tres usos:

- Abastecemento á familia coa cría do pichón para consumo, así como a súa venda.

- A produción de abono co excremento das pombas.

- Obtención de plumas para almofadas e edredóns.

A cría de pombas era unha actividade moi estendida, sobre todo durante a Idade Media. Na actualidade, a maioría dos pombais comezaron a abandonarse debido á emigración rural á cidade, á modernización do traballo agrícola e á fabricación de abonos químicos. Pombal é un topónimo moi frecuente no territorio galego, o que fai constancia da súa importancia na nosa cultura.

Descrición

De planta circular, nunha finca privada.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)