
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Ponte
Historia
As pontes, así como os camiños, pasais e pontellas, son construcións para o tránsito que serven para facilitar a comunicación nas Brañas de Sar.
Descrición
Tamén coñecida como Ponte da Mourulla, mide 9,42 metros de longo por 2,75 de ancho e unha altura de 1,48. Antigamente a plataforma tiña un ancho de 1,20 metros que só permitía o paso de persoas e animais. O tránsito dos carros para cruzar o Sar facíase por un vao natural ou porto pegado ao lado norte da ponte.
Esta ponte atravesa o río na zona denominada Camiño da Ponte ou da Mourulla. Está construída con pedras de cantería e de cachotería de granito e anfibolitas. Consta de catro alicerces de base rectangular asentados sobre cachotería de anfibolitas para nivelar o terreo do leito do río. Sobre este leito sitúase a base das laxes de planta rectangular, sobre as que se asentan pedras a escuadra de granito que pola forma que adoitan augas arriba, parece que antigamente tiveran tallamares. Sobre esas bases colócase a plataforma formada por grandes laxes de granito pola que transitaban persoas e animais. Hai 40 anos ampliouse a superficie da ponte e as súas bases.
Como curiosidade, no alicerce situado máis ao leste e augas abaixo obsérvase unha pedra de granito cun gravado composto por tres círculos concéntricos. A explicación máis probable ai isto, é que sexa unha pedra reutilizada.