
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Ponte
Cronoloxía
2005
Autor
2C Arquitectos
Historia
Coa construción desta ponte metálica, a carón da histórica Ponte de Sar, mellorouse a conectividade peonil dos accesos á cidade, así como a mellora do espazo público en Sar.
A Ponte de Sar, situada a carón da Colexiata de Santa María a Real de Sar, foi construída salvando o último obstáculo fluvial xa no final da Vía da Prata, ou antiga ruta que conectaba a cidade con Ourense e Castela. Unha vez pasada a ponte iniciábase o último treito de subida polas actuais rúas de Sar e do Castrón Douro. Está vía penetraba na cidade pola Porta de Mazarelos ou pola Porta da Mámoa.
Descrición
Foi construída dentro das obras de reurbanización da contorna da Colexiata de Sar do ano 2005. Esta actuación tivo como obxectivo mellorar a calidade do tratamento de superficie do espazo público que se xera no percorrido da rúa, a creación de novos espazos de relación a modo de praza e a adecuación das marxes do río como lugar de esparexemento e paseo, coa intención de mellorar os percorridos peonís de acceso á cidade.
Trátase dunha ponte peonil con pavimento composto por táboas de madeira, apoiada sobre dous perfís metálicos, con varandas tamén metálicas e banco corrido de madeira a ambos lados da ponte.