Código: PR168
-
Auga
Localización

Zona verde

Río Sarela: treito Carme de Abaixo-Ponte de Santo Domingo

Parroquia

San Paio

Información

Tipoloxía

Pontella

Historia

Unha pontella é unha construción semellante a unha ponte, máis pequena e estreita, realizada en madeira ou pedra e de construción simple, que ao igual que as pontes, serve para atravesar regatos ou ríos pequenos.

A auga é indispensable para a vida, polo que obrigou a que a poboación se asentase en lugares próximos a cursos de auga, mais os ríos supoñían unha barreira natural que imposibilitaba o tránsito e o acceso a moitos lugares, polo que era preciso superar estas barreiras por medio da construción e uso de elementos de paso como as pontes.

As pontes existiron dende a Prehistoria coma elementos básicos para a comunicación entre as diferentes áreas separadas polos cursos de auga, polo que a historia da construción de pontes está vencellada á historia da civilización.

As primeiras pontes terían xurdido de forma natural pola caída dos troncos das árbores sobre os regatos, proceso prontamente imitado polo ser humano. Foi entón cando xurdiron unha serie de estruturas simples para salvar o paso dun río, feitas artificialmente empregando toros de árbores ou grandes laxas de pedra, xunto con soportes moi simples e trabes mestras para fixalas no seu sitio. Estas construcións convertéronse nas primeiras pontellas.

Co establecemento de poboados sedentarios na época do Neolítico, grazas aos avances na agricultura e a gandería, tornouse máis importante a construción de estruturas sólidas e duradeiras coas que poder atravesar as canles de auga, evolucionando as pontellas cara estruturas máis complexas, como as pontes en arco, mais continuándose a construír pontellas en vías ou camiños secundarios.

A construción de pontes realizouse conforme ás necesidades do lugar e do momento, con pontes de madeira máis ou menos permanentes nos camiños secundarios, e pontes de pedra labrada nas vías principais, nas que se precisaba un paso máis sólido e resistente, que aguantase o tránsito tanto de persoas como de carros de mercadorías.

Construtivamente, unha pontella é a solución máis sinxela para salvar un río. Poden estar realizadas con lousas de pedra, en madeira ou mesturando ambos materiais nos seus diferentes elementos. Adoitan ter un só van, aínda que poden ter unha barbacá central como apoio, formando dous vans.

A diferenza das pontes, non empregan arcos e carecen de varanda. Cando a pontella é máis complexa, con múltiples vans, adoita denominarse pontillón. Estas estruturas permiten o paso sobre o río de persoas, e nalgúns casos tamén poden cruzar por el o gando e os carros. Adoitan construírse para atravesar ríos pequenos e pouco fondos, normalmente preto dos muíños.

Descrición

Sobre o río Sarela, na Ribeira de San Lourenzo.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)