mainimg
Código: AL054
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Porta

Cronoloxía

1837

Autor

Domingo Antonio Ferrín/Julián Pastor

Historia

A porta, conformada por estes dous enormes piares, estaba situada fronte á porta Faxeira e foi concibida para embelecer a Alameda que estaba nacendo como espazo urbano de socialización e lecer nas primeiras décadas do século XIX. Todo o recinto -que era máis pequeno e deixaba fóra a carballeira e o outeiro de Santa Susana- quedaba pechado por unha gran reixa de ferro e por unha serie de reixas de forxa, como aínda se ve na zona da avenida de Xoán Carlos I.

En 1885 comezaron os traballos de acondicionamento da aba do outeiro de Santa Susana e a creación do que hoxe chamamos paseo da Ferradura. Foi unha das intervencións que renovaron a Alameda e contribuíron notablemente a configurar a súa aparencia actual. Daquela os leóns pasaron a este emprazamento e deron nome a un treito do paseo.

Descrición

Estas pezas a xeito de columna ou templete son o que queda do primitivo peche da Alameda e da súa entrada monumental. O seu estilo é neoclásico e están abrindo este paseo desde 1885; os floróns e a estrutura danlle solemnidade sen perder estética. Cada unha delas está coroada por un león que observa desde arriba aos paseantes; son asimétricos pois un mira cara ao interior do paseo e o outro ao exterior.

O proxecto de peche perimetral inicial foi obra do arquitecto Domingo Antonio Ferrín, aínda que foi modificado por Julián Pastor; as pezas son froito do traballo dos mestres J. Portela e J. Benito Marrazo, mentres que os leóns son de José Jacobo Liñares, escultor.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)