mainimg
Código: AL055
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

1999

Autor

César Lombera

Historia

Ramón María del Valle Inclán (1866-1936) foi un dos escritores máis sinalados da historia da literatura española. A súa relación con Compostela é estreita xa desde a súa mocidade, pois estudou na súa Universidade; aínda que abandonou os estudos de Dereito, participou en diversas iniciativas artísticas e culturais que deixaron pegada como é o caso do xornal satírico Café con Gotas, no que publicou os seus primeiros textos e que é hoxe un testemuño singular e divertido daquel tempo.

É, sen dúbida, un dos escritores que mellor soubo captar e expresar a esencia de Compostela: De todas las rancias ciudades españolas, la que parece inmovilizada en un sueño de granito, inmutable y eterno, es Santiago de Compostela… Rosa mística de piedra, flor romántica y tosca, como en el tiempo de las peregrinaciones, conserva una gracia ingenua de viejo latín rimado…No parece antigua, sino eterna. Tiene la soledad, la tristeza y la fuerza de una montaña… (La lámpara mágica, 1916).

Descrición

Cesar Lombera é o autor desta escultura que representa este escritor que tivo unha gran vinculación coa cidade de Santiago e por iso Compostela está moi presente na súa obra. En 1935, xa enfermo, regresou para pasar aquí os últimos meses da súa vida.

Naquel tempo, a Alameda era un dos seus lugares preferidos e gustaba de pasear e de sentar neste mesmo banco a contemplar a cidade. Valle faleceu en xaneiro de 1936 e foi soterrado no cemiterio de Boisaca. Legou á cidade un dos seus alcumes máis fermosos: Compostela, rosa mística de pedra.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)