mainimg
Código: SN008
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque Forestal da Selva Negra

Parroquia

Vista Alegre

Información

Tipoloxía

Curso de auga

Historia

Medrando na auga do regato, existen diversas especies vexetais que están especialmente adaptadas á vida preto da auga e incluso dentro dela. Unhas precisan un solo húmido para medrar, como o fento fero (Blechnum spicant), mentres que outras como o ameneiro (Alnus glutinosa) poden vivir coas raíces permanentemente encharcadas.

Os cursos de auga crean condicións imprescindibles para a vida de diferentes especies animais como a ra patilonga (Rana iberica), que só vive no noroeste peninsular. Malia que moitas falsas crenzas consideran que a píntega (Salamandra salamandra) é un animal daniño, mais a realidade é que se trata dun ser inofensivo que se alimenta de insectos. Son tamén comúns nos regatos insectos coma o gaiteiro aliazul (Calopterix virgo).

Descrición

A auga é un compoñente fundamental neste parque, xa que está presente en toda a súa extensión. A Selva Negra ocupa unha valgada na que se recollen as augas que caen entre as abas do Monte Pedroso e do Monte San Paio. Estas augas van na maioría polo subsolo, saíndo á superficie na parte sur da finca, onde que conflúen augas abaixo no río Sarela.

O regato nace na parte norte da Selva Negra, onde se atopa un furado que corresponden á mina de auga, construída para acondicionar e extraer este recurso do subsolo. A auga destas minas empregábase tradicionalmente para a rega e na actualidade, a auga das minas do Monte Pedroso alimentan fontes, lagoas artificiais, regatos e pozas.

A rede hidrográfica das masas de auga superficiais e subterráneas próximas, definidas segundo os criterios da Directiva Marco da Auga, fan referencia ás actuacións a desenvolver no veciño rego de Bar. Sinalan que en todos os ríos, así como en calquera outro curso fluvial de menor entidade que discorra pola zona, será de aplicación a normativa e lexislación de augas, tendo plena vixencia as prescricións establecidas para o dominio público hidráulico.

Para controlar o exceso de auga existente no parque, cóntase cunha instalación de drenaxe subterráneo e superficial construído no 2011. Este novo equipamento foi levado a cabo garantindo o abastecemento e o saneamento de auga, así como a xestión das augas pluviais conforme a criterios de sustentabilidade e á planificación hidrolóxica.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)