mainimg
Código: BE024
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque de Belvís

Barrio

Belvís-Trisca

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Curso de auga

Historia

Os ríos de Santiago, ao igual que os do resto de Galicia, tanto na vertente atlántica coma na cantábrica, teñen como características principais ser curtos, caudalosos e rápidos. Nacen preto da costa, facendo pequenos recorridos até chegar ao mar mais atravesando fortes desniveis, que achegan velocidade ás súas augas o que aumenta o seu poder de erosión. O seu réxime é pluvial, polo que se nutren da auga das precipitacións en forma de chuvia, tan abundante no noso clima.

O regato Cancelón do Sar é caudaloso nos meses máis chuviosos, desenrolando un gran poder de erosión debido á velocidade que alcanzan as súas augas, mentres que nos meses secos de verán pode chegar a desaparecer completamente.

No inverno, cando crece o caudal, prodúcense colapsos que provocan inundacións nalgunhas casas do Esquecemento, polo que se altera o curso do río ao seu paso pola área dos labirintos e instálase un sistema de filtros na canle de pedra que cruza o parque.

Descrición

O Parque de Belvís está situado na valgada dun regato, o Rego de Belvís, tamén chamado rego do Cancelón do Sar, rego das Tripeiras ou Macelo, na súa baixada cara o río Sar, do que é afluente. Nesta área abundaban os prados e foi zona de gran aproveitamento hidráulico por parte da cidade.

A Fonte do Matadoiro, situada na praza do mesmo nome, é unha das máis antigas da cidade e nace nese mesmo punto, fornecendo de auga á veciñanza e formando a canle do Cancelón. A actual construción data de 1834, e atópase baixo a cota da praza, polo que ten chanzos de acceso que descenden até a parede de pedra na que están incrustados os dous canos polos que abrolla a auga.

Ter unha fonte ao pé da casa facilitaba a vida e aumentaba as posibilidades de superar un pequeno incendio. Como punto de encontro da veciñanza, as xentes que vivían preto da fonte estaban ben informadas do que sucedía na cidade. Preto das fontes adoitaban instalarse negocios que consumían intensivamente auga e que non sempre eran agradables.

Xunto ao río estaba situado o matadoiro, que precisaba das súas augas para limpar os numerosos refugallos que xeraba. Empregábase para a rega das hortas ou o lavado da roupa por parte das lavandeiras. A dispoñibilidade de auga atraeu tamén os fornos das tafonas e os alpendres dos ferreiros, acomodados na Porta do Camiño até que no século XIX foron trasladados ao cruceiro de San Pedro e ás Fraguas.

Tamén empregábanse as súas augas para lavar os coiros elaborados nas dúas curtidorías que albergaba o parque, xa que durante o século XIX, Santiago converteríase na capital española da industria do coiro, chegando a funcionar simultaneamente até máis de 25 fábricas de curtidos.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)