
Zona verde
Parque Música en Compostela
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
1993
Autor
Eugenio Granell
Descrición
O Parque Música en Compostela é un verdadeiro verxel de grandes esculturas, no só polas dimensións das mesmas senón tamén pola súa autoría. Esta imprescindible peza cargada de intención e personalidade leva o selo dun dos máis grandes artistas plásticos que deu esta terra: Eugenio Granell. O pintor surrealista, multifacético creador, pasou gran parte da súa infancia en Compostela, cidade que marcou as liñas mestras da súa arte e que hoxe alberga a sé da Fundación Eugenio Granell, no Pazo de Bendaña, sita na Praza do Toural.
Nesta obra, o xenio coruñés, proxecta verticalmente o seu surrealismo do que foi o máximo expoñente en España. Unha peza onde se poden apreciar as mundiais influenzas do creador, desde Picasso a Duchamp, Man Ray ou Frida Khalo. Unha escultura vitalista, chea de cor, con ecos da cidade de Ninive, epicentro cultural do imperio sirio no século VII a.C. A súa contemplación, xunto co paseo por un espazo verde harmónico e moi coidado e tremendamente inspiradora.
Bibliografía
Micropatrimonio de Compostela - Escultura Contemporánea. Concello de Santiago e Compostela Cultura, 2019