mainimg
Código: VA037
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque de Vista Alegre (Finca Simeón)

Barrio

Vista Alegre-San Xoán

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Curso de auga

Historia

Dise que entre o Sar e o Sarela está Compostela, xa que o río Sar rodea a cidade polo leste, mentres que o Sarela o fai no oeste até que, ao chegar ao Chouciño, ambos se unen e as augas do Sar pasan a formar parte da conca hidrográfica do Ulla, verténdose finalmente no Océano Atlántico a través da Ría de Arousa.

O Corgo é un regato plenamente compostelán, xa que nace nace no barrio de Salgueiriños, onde parte da súa canle foi recuperada recentemente, xa que atopábase agochada baixo as construcións realizadas para realizar a explanada do mercado que se celebra os xoves, preto do edificio de Axencia Tributaria. Desemboca no río Sarela á altura do parque de Galeras, sendo o seu afluente máis importante.

Todo o seu percorrido transcorre dentro do territorio municipal. A través do seu camiño vai concatenando unha serie de parques urbanos que se construíron preto das súas ribeiras e que serven para unir os diferentes barrios do norte da cidade polos que as súas augas fan o seu percorrido: Salgueiriños, Ponte Mantible, Pablo Iglesias, Fermín Bouza Brey, Finca de Lois, Música en Compostela, Mosquera Pérez, Manuel Feixo e Galeras.

Os ríos de Santiago, igual que os do resto de Galicia tanto na vertente atlántica como na cantábrica, teñen como características principais o seren curtos, caudalosos e rápidos. Adoitan nacer preto da costa, fan pequenos percorridos até chegar a ela, atravesando fortes desniveis que imprimen velocidade ás súas augas, aumentando o seu poder de erosión. O seu réxime é pluvial, polo que se nutren da auga das abundantes choivas propias do noso clima.

O río Corgo é caudaloso nos meses máis chuviosos, desenrolando un gran poder de erosión debido á velocidade que alcanzan as súas augas, mentres que nos meses secos de verán pode chegar a desaparecer completamente. Para ser un regato pequeno, alberga moita vida na súa contorna xa que nas súas augas e nas proximidades das mesmas podemos atopar troitas (Salmo trutta) e escalos (Chondrostoma sp.), principalmente na canle baixa, xunto á desembocadura no Sarela, ou zapateiros flotando nas zonas de augas mansas.

Destaca a presenza de paxaros na zona do lago creado xunto ao Auditorio de Galicia no parque da Música en Compostela, onde podemos atopar aves acuáticas anátidas (patos, ocas e cisnes), garzas (Ardea cirenea), corvos mariños (Phalacrocorax carbo) e mesmo, en ocasións, picapeixes (Alcedo atthis). Na ripisilva tamén é moi doado avistar pegas (Pica pica), merlos (Turdus merula) e pombas torcazas (Columba palumbus).

Descrición

A Finca Simeón está situada xunto ao río Corgo. Na beira deste regato ao seu paso xunto ao parque de Vista Alegre podemos atopar diferentes especies vexetais hidrófilas e umbrófilas, tales como as pteridófitas entre as que destaca a presenza do fento real ou dentabrú (Osmunda regalis). Tamén atopamos brotes de figueiras, testemuña da ocupación humana na zona xa que non é unha especie autóctona senón naturalizada dende hai séculos na nosa rexión.

O acceso ao Parque de Vista Alegre, dende o Parque de Mosquera Pérez cara Casa Europa a través do Paseo de Plátanos, faise por riba do río Corgo, sorteando as súas augas por medio dunha fermosa ponte de pedra granítica. As augas pasas a través dun único vano en forma de arco de medio punto peraltado sobre o que se coloca a plataforma de paso, con varandas de pedra completadas coa rexa metálica, da mesma factura que as portas que gardan o acceso ao parque.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)