mainimg
Código: CC004
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Xardín da Carreira do Conde

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Robinia pseudoacacia L.

Nome común en galego

Robinia ou falsa acacia

Nome común en castelán

Robinia

Información

Características

A anterior vexetación na Carreira do Conde estaba formada principalmente por ulmeiros (Ulmus campestris), palmeiras (Phoenix canariensis) e robinias, das que tan só perduran as palmeiras e unha das robinias. Tanto as ulmeiras como as robinias foran plantadas cara 1930, cando se fixeron as obras para a construción do Estanque de Méndez Núñez da Alameda.

Orixe e distribución

Árbore procedente do centro e leste dos Estados Unidos. Na Península Ibérica está amplamente distribuída como planta ornamental e aparece naturalizada en moitos lugares. Está incluída no Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras en España.

Como planta silvestre podémola atopar en noiros, bordos de camiños, cunetas, escampados e bosques frescos e húmidos. Medra dende o nivel do mar até os 1.600 metros e é indiferente ao tipo de chan.

Descrición

É unha árbore caducifolia de rápido crecemento, de cortiza gris e agretada, que pode alcanzar o 25 metros. As súas follas son caducas, alternas e compostas por 3-11 folíolos, sempre en número impar (imparipinnados). Teñen a marxe enteira, ovalados ou redondeados. Na base da folla completa obsérvanse ás veces dúas espiñas que se dispoñen a ambos os dous lados do pecíolo.

As flores saen ao final da primavera en acios numerosos, brancos, aromáticos e colgantes. Os froitos son legumes secas, alongadas e moi comprimidas, que colgan ao final das pólas.

Etimoloxía

O nome de Robinia está dedicado ao botánico francés Jean Robin (1550-1629), que foi o primeiro en cultivar esta árbore en Europa tras traela de América en 1601. O epíteto específico pseudoacacia quere dicir falsa acacia, que aparece tamén como o seu nome común.

Usos

Na Península Ibérica o seu uso máis habitual é como ornamental, polo seu rápido crecemento e vistosa floración. As súas flores son ás veces consumidas polos nenos como lambetada ou empréganse para facer sobremesas. Doutra banda, as súas follas e sementes son tóxicas e hai que ter coidado de que non sexan consumidas polo gando.

Nos seus lugares de orixe a madeira usouse en pequenas pezas como mangos e, onde era moi abundante, en estruturas de edificios xa que ten unha elevada resistencia.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)