mainimg
Código: BS007
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Parque Fluvial das Brañas de Sar

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

Na zona das Brañas de Sar, os socalcos de cultivo chámanselle roleiros e están destinadas á contención do terreo mediante un noiro ou muro de contención para salvar as pendentes ou desniveis e convertelos en terreos de cultivo, coa finalidade de conseguir un mellor aproveitamento agrícola.

Estas estruturas seguen tendo un papel moi importante na paisaxe actual. Probablemente teñen unha considerable antigüidade xa que se construirían ao se xeneralizar o aproveitamento agrícola da zona.

Descrición

Está situado en Goiáns de Abaixo, na parte norte das brañas ao pé do Monte Gaiás, en dirección paralela ao río Sar. O noiro ou avultamento de terra, que está cuberto de vexetación espontánea que separa o socalco, mide 230 metros de lonxitude e ten unha altura media de 1,5 metros. Conserva un muro de contención de 6 metros de longo construído a base de cachotería de anfibolita. Outros tramos do noiro alternan pedra e terra.

As parcelas deste espazo dividen o terreo de forma transversal e presentan unha intensa actividade agrícola na que predominan as áreas de prado, cultivos de millo, hortícolas; e na parte sur da terraza, destacan as plantacións forestais.

Historicamente esta construción parece que dividía o espazo agrario en dous: nunha zona superior para cultivo de cereais e noutra inferior dedicada a pasto, denominadas Agra da Fieira e Lavadoiros.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)